default-logo

A frase cólloa dun artigo de onte en ‘Público‘, ¡Basta ya!, no que se trata da estratexia que nos fai apretar o cinto logrando que non nos queixemos demasiado, e sobre todo, que nos deixemos facelo.
A conta do tema, hai moito tempo que teño comezado un artigo, ‘Quen manda en Ribadeo?’ (o último título, que xa non sairá, era ‘A democracia e Ribadeo. Quen controla Ribadeo?’), que teño parado tamén dende hai moito pola falta de ideas para expoñer claramente o tema: coido que vai máis aló dos argumentos presentados nos varios artigos que José Mª ten adicado á débeda municipal, que farían da débeda un efectivo argumento limitador de opcións de gastos.
No artigo previsto, circunstancialmente, figuraba un final tamén tomado prestado: “Si tienes dinero, controlas la política”… Y el Poder“, e unha serie de temas con conexión evidente pero que non din articulado de xeito que me convenza e que deixo a continuación amontoados:
Se collemos a definición descritiva de democracia que se lle atribúe a Winston Churchill, “a democracia é que cando chaman de madrugada saibas que é o leiteiro”, e a aplicamos a Ribadeo, estariamos en democracia? Coido que non, polo menos nalgunhas zonas.
Hoxe dicimos que estamos en democracia, pero as como mínimo aparentes contradiccións entre intereses do pobo e outros intereses, e o resultado dese confrontación, fai que se poda dubidar.
Cambio de vida por cousas, de xeito de vivir por cartos nalgúns petos, de desenvolvemento ‘agora’ sen futuro, de máis val paxaro en man (na propia) que cento voando (no desfrute de todos, pero en pertenza de ninguén)
… subvencións ganancia bancos … e pub
subvencións viaxes noite, medida a súa eficacia en termos de xente transportada, non de vidas salvadas…

Centro de interpretación de la ría del Eo en castropol
A anormalidade da normalidade, e viceversa
Relato visto do parque. Érase unha vez un cidadán que se plantexou: onde vivo? Como os nenos pequenos, de Ribadeo ó universo, ou como un clasificador, do Universo a Ribadeo; construír o mundo dende ribadeo e/ou construír Ribadeo dende o mundo. Servizos no parque e letrinas.
Ofrezo 100 libro para distribución gratuíta.
Libros de ribadeo na rede.
Aplacar omercado… quen é o mercado? Está ó servizo do home ou o home ó servizo do mercado?
Desmitificando as feiras de ciencia, algo na dinámica da súa concepción, realización e historia.
Cargar a saga do Camiño de santiago
O poder da estratexia do enfrontamento: pouco a pouco vence quen ten poder. Por eo a importancia da criación de enfrotnamentos medios.
Lóxica do capital, lóxica do tribunal: se a vivenda fóra valorada 3 veces máis, cobraría 3 veces+, pola mesma contaminación acústica.
compañeiros de viaxe
Determinación: o home que plantaba árbores
Pobres ricos / ricos pobres (en economía, en vida…)
Sobre os movementos antiglobalización: ‘nos movementos se albisca un libertario rexeitamento da política como profesión e unha reivindicación da política como vida cotiá, na que o traballo voluntario, e non as relacións de intercambio e mercadoría, se impoñen. (Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.102)
‘A colonización da nosa subxectividade pola lóxica do poder explica que unha globalización que exacerba os trazos máis violentos e excluíntes do capitalismo non produza revolución senón submisión’ (A. Morán, citado en Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.100)
‘Non sberiamos que facer cunha vangarda tan avanzada que ninguén poidera seguila’ (Subcomandante Marcos, citado en Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.93′)
‘Nunca se subliñará o suficiente que o futuro dos movementos non se decide en Porto alegre, Mumbai, Xénova ou París: depende, por riba de todo, do traballo, sórdido e pouco vistoso, nos escenarios que nos son máis próximos’ (Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.80)
‘Cando o poder está en mans dos potentes lobbies dos negocios e das finanzas, dos círculos mediáticos e da manipulación das informacións, os xuristas abandónanse ao cosmopolitismo humanitario e súmanse das boas intencións e as boas maneiras’ (Cantaro, citado en Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.146)

–>

Relato visto do parque. Érase unha vez un cidadán que se plantexou: onde vivo? Como os nenos pequenos, de Ribadeo ó universo, ou como un clasificador, do Universo a Ribadeo; construír o mundo dende ribadeo e/ou construír Ribadeo dende o mundo. Servizos no parque e letrinas.
Ofrezo 100 libro para distribución gratuíta.
Libros de ribadeo na rede.
Desmitificando as feiras de ciencia, algo na dinámica da súa concepción, realización e historia.
Galipedia en foz Party
Cargar a saga do Camiño de santiago
O poder da estratexia do enfrontamento: pouco a pouco vence quen ten poder. Por eo a importancia da criación de enfrotnamentos medios.
Lóxica do capital, lóxica do tribunal: se a vivenda fóra valorada 3 veces máis, cobraría 3 veces+, pola mesma contaminación acústica.
Xesús de vacacións (sobre a queima de montes)
compañeiros de viaxe
Determinación: o home que plantaba árbores
Pobres ricos / ricos pobres (en economía, en vida…)
‘Non odies ós medios: convírtete nun deles’ (Lema de Indymedia)
Sobre os movementos antiglobalización: ‘nos movementos se albisca un libertario rexeitamento da política como profesión e unha reivindicación da política como vida cotiá, na que o traballo voluntario, e non as relacións de intercambio e mercadoría, se impoñen. (Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.102)
‘A colonización da nosa subxectividade pola lóxica do poder explica que unha globalización que exacerba os trazos máis violentos e excluíntes do capitalismo non produza revolución senón submisión’ (A. Morán, citado en Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.100)
‘Non sberiamos que facer cunha vangarda tan avanzada que ninguén poidera seguila’ (Subcomandante Marcos, citado en Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.93′)
‘Nunca se subliñará o suficiente que o futuro dos movementos non se decide en Porto alegre, Mumbai, Xénova ou París: depende, por riba de todo, do traballo, sórdido e pouco vistoso, nos escenarios que nos son máis próximos’ (Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.80)
‘Cando o poder está en mans dos potentes lobbies dos negocios e das finanzas, dos círculos mediáticos e da manipulación das informacións, os xuristas abandónanse ao cosmopolitismo humanitario e súmanse das boas intencións e as boas maneiras’ (Cantaro, citado en Carlos Taibo, Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista. Ed. Xerais, Vigo 2005, p.146)
“La Administración Bush sigue censurando a los científicos que han documentado los impactos actuales sobre el calentamiento global”, ha añadido.
Harina de otro costal son los muchos problemas que, vinculados a la disolución del tipo de familia burguesa, surgen en la sociedad capitalista avanzada, como una natalidad a la baja y una educación cada vez más deficiente de los hijos. Pero plantearlos en profundidad obligaría a analizar críticamente el orden socioeconómico establecido.
Ignacio Sotelo
La température du globe au plus haut depuis près de 12 000 ans
Nil volentibus arduum

A aduana ten unha función. En Ribadeo, tiña. Onte mesmo indaguei sobre unha nova aparecida nos xornais hai cousa de vinte días, segundo a que a asociación Atalaia reclamaba un apoio ó mantemento da aduana. O cambio de estatuto, a eliminación da aduana de Ribadeo, ven de hai xa dous meses, no BOE de 11 de setembro.

Copio os dous ‘plumazos’ cos que se despacha a aduana ribadense en dito BOE, sen previo aviso:

Resolución de 5 de septiembre de 2013, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifican la de 28 de julio de 1998, por la que se estructuran los Servicios de Aduanas e Impuestos Especiales dependientes de las Delegaciones Especiales y Delegaciones de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, y la de 21 de septiembre de 2004, por la que se establece la estructura y organización territorial de la Agencia Estatal de Administración Tributaria.

(…)

Con idéntica finalidad, procede en estos momentos reorganizar las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales manteniendo el máximo nivel de servicio de despacho aduanero de mercancías en todo el territorio nacional. Así, se suprimen las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales con menor tráfico de mercancías, pasando a integrarse los recintos aduaneros de ellas dependientes en las Dependencias Regionales o Dependencias de Aduanas e Impuestos Especiales correspondientes, que continuarán prestando el servicio de despacho aduanero de las mercancías que se canalicen a través de los mismos. En particular, se suprimen las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales de Palamós (Delegación de Girona), San Carles de la Rápita (Delegación de Tarragona), Ribadeo (Delegación de Lugo), Pasaia (Delegación de Guipuzkoa) y Gandía (Delegación Especial de Valencia).

(…)

Disposición adicional primera. Supresión de órganos.

Quedan suprimidas las Administraciones de Aduanas e Impuestos Especiales de Barcelona-Marítima y de Barcelona-Carretera, de la Delegación Especial de Cataluña; del Aeropuerto de Palma de Mallorca, de la Delegación Especial de Illes Balears; de Palamós, de la Delegación de Girona; de San Carles de la Rápita, de la Delegación de Tarragona; de Ribadeo, de la Delegación de Lugo; de Pasaia, de la Delegación de Guipuzkoa y de Gandía, de la Delegación Especial de Valencia.

Finalidade? A resposta está clara, como non podería ser doutro xeito… Copio de novo:

(…) la búsqueda de la mayor eficacia y eficiencia posible, junto con la optimización y racionalización de los recursos disponibles,

E, que pasa co traballo que se realizaba en Ribadeo? Pois:

(…) suprimiendo las doce Delegaciones de la Agencia Tributaria existentes en las provincias donde tienen su sede las correspondientes Delegaciones Especiales, en las cuales pasa a quedar integrada la estructura orgánica
de aquellas

É dicir, as súas funcións pasan á ‘Delegación especial’. Ribadeo non debía ser especial, a parte de non ter tal título.

Agora, o edificio queda polo momento coas oficinas que dan cobertura á lancha de aduanas, aínda que sigan os funcionarios das oficinas suprimidas operando dende alí mismo a traverso de internet, pero figurando xa como destinados lonxe.

Así pois, a situación xa está consumada de golpe e porrazo e sen previo aviso hai dous meses, aínda que dende o exterior polo momento non se note moito por unha situación que, unha volta aparecido o cambio no BOE, xa é ata anómala en relación ó que debera ser.

Ribadeo ten perdido unha instancia oficial máis. E agora, que? A esperar a próxima?

 

AVV O Tesón
Nota de prensa
Ciclo de charlas
“Crise, economía e falsos dogmas”
3ª charla
Ribadeo, 20131011
Despois das dúas primeiras charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas, a cargo de José Mª Martínez Fernández e José Ángel Bolaño Penelo, o próximo venres 18, de novo no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo e ás 20:30, terá lugar a terceira, que manterá Mª Jesús Fernández Álvarez, e que continuará tendo como referenza para análise os segintes capítulos do libriño ‘Manifesto de economistas aterrados’.
O ciclo de charlas está valorizándose por si mesmo, en base ás opinións dos asistentes, que recollemos a idea de que está a pasar en termos económicos e a súa tradución en termos sociais. Feito e tradución, en calquera caso, que son expostas non como dogma senón como elección, contrapoñéndolles outras posibilidades.
Como as pasadas semanas, terá lugar primeiro a charla e de xeito posterior un coloquio, co público como elemento fundamental, e coa presenza dos catro ponentes, sobre a temática da charla e sobre a crise en xeral.
Lembramos que o ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou máis baixo: un dos obxectivos das charlas é igualar os niveis por enriba os niveis de coñecemento explicando os conceptos necesarios.
Adxúntase o cartel correspondente á terceira charla.

Remato de colgar unha publicación de Celia Castro referente a Dionisio Fierros, publicada no último número de Rudesindus: Dionisio Fierros. Os comenzos de un artista.
Con el, temos unha nova referenza para completar a vida e obra deste pintor tan relacionado con Ribadeo.

Ribadeo ‘espertou’ o pasado día 7 de outubro coa concesión dun premio ‘ó ascensor’. Con esa idea foi recollido nas novas e polo alcalde, segundo elas. Así foi recollido cun certo retraso.
Collo a parte da nominación do Ri.U.So que atinxe ó ascensor: “gli spagnoli Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso hanno vinto nella sezione “Architetti e Ingegneri” (premio 4mila euro) per la realizzazione di una torretta che andrà a caratterizzare il porto turistico di Ribadeo, in Galizia, ricucendo il percorso che congiunge il litorale al centro storico.” . É dicir: os españois Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso venceron na sección ‘Arquitectos e enxeñeiros’ (premio de catro mil euros) pola realización dunha torreta que chegará a caracterizar o porto turístico de Ribadeo, na Galiza, reducindo o recorrido que une o litoral e o centro histórico.
Hoxe facía vento na Atalaia. Non eran acolledores os bancos. No prado hai 3. Dous xuntos, fronte ó ascensor, nos que, se un está sentado, recolle ista vista:

Mentras, o outro, que cadra xusto fronte ó único espazo sen copas das árbores enfronte da saída da ría, ofrece ista:

E a vista de Castropol, embaixo, queda sen bancos, nin nese nivel nin na baixada dende a capela ó ascensor:

Se se baixa alí, pódese observar un evidente descuido no seu mantemento, como houbo quen me comentou hoxe mesmo. E outras vistas, menos efectivas por ser de curta duración a traverso de vidros non tan transparentes a estas alturas.
O premio foi para os arquitectos, non para Ribadeo (entrou na categoría de arquitectos, non de administracións públicas). Por certo, un comentario do alcalde: ‘mantenerlo, dice, no supone problema para el Concello, porque el gasto es asumible‘.
Así pois, o premio Ri.u.so pode estar ben dado conforme ás bases: é certo que foi unha rexeración (non o ascensor, senón o resto da obra), é certo que é nunha urbe, é certo que é mantible segundo o alcalde. Tamén é certo que o premio non é para a súa beleza e encadre na paisaxe dende a atalaia, ou pola súa posibilidade de embelecer o entorno, por poñer dous exemplos. Coido tamén que o xurado non paseou pola zona, tomando máis ben as desisións sobre papel.
Ben, e, de xeito independente, dicir que o acordoamento dunha zona da atalaia leva xa moito tempo, sen amañar o motivo dela. O dito: as cousas, a parte de logralas, hai que mantelas.
— No blog hai abondas entradas sobre o ascensor. Por exemplo: http://ribadeando.blogspot.com.es/2007/05/pagus-ascensor-na-atalaia-de-ribadeo.html (presentación da obra, antes de facela)
A inauguración: http://ribadeando.blogspot.com/2010/07/desoberto-o-pastel-do-ascensor.html
Sobre o desenvolvemento das obras: http://ribadeando.blogspot.com/2009/10/o-ascensor-da-atalaia-onte.html
Comezo efectivo do uso: http://ribadeando.blogspot.com/2010/08/50-s-ou-ascensor-habemus.html
Artigo externo (J.E.Amor): http://ribadeando.blogspot.com/2009/07/xa-algo-vello-pero-de-actualidade.html
O ascensor, tiroteado: http://ribadeando.blogspot.com/2010/03/o-ascensor-da-atalaia-primeiro.html
Subindo no ascensor: http://ribadeando.blogspot.com/2010/03/o-ascensor-da-atalaia-primeiro.html
21 m de desnivel (non 35 que din): http://ribadeando.blogspot.com/2010/07/47-m.html
Sobre o mantemento: http://ribadeando.blogspot.com/2011/09/20110919-pleno-i.html
En fin, hai máis …

Publicado por Agremon

Ben, non hoxe, senón na última xuntanza, de venres 20131010.
Como noutras ocasións anteriores, tras aprobar a acta pasada e dar conta do finanzamento, pasouse revista ó desenvolvemento de actividades neste ano, numerosas por certo, así como, en xeral, satisfactorias. Iclúen o Photocall pola igualdade en marzo pasado, co lema ‘igualámonos’, e boa acollida na rede, os actos do día internacional das mulleres, coa inauguración de rúas e o folleto acompañante ‘Ribadeo nos camiños da igualdade’, así como as actuacións musicais en cada inauguración e o concerto de Irimia cantareiras.

A inauguración da rúa adicada a Sor Pilar

Na presentación de ‘Rachando inercias’ en Santiago xogouse fóra da casa, con boa acollida. Houbo obradoiros diversos nas parroquias e no pobo, con acollida asemade diversa, e charlas -quizáis as actividades máis minoritarias, e nese sentido, desaproveitadas polas persoas ás que ían dirixidas-. E as andainas: aínda este domingo haberá unha, representando unha nova situación de intercambio de pareceres, afianzamento de amizade ou sinxelamente, deporte nun medio natural.
As actividades de formación, sobre a violencia de xénero, emprendemento e educación infantil, deixaron bo sabor de boca, e en concreto, o curso sobre educación infantil, ganas para abrilo ó colectivo de pais. As correspondentes a participación de pequenos, contacontos e radiando igualdade, significaron non só un divertimento para as e os participantes, senón tamén unha formación para os mesmos, ó tempo que a boa acollida propiciou a petición de repetilas
Máis aló das actividades anteditas, tiveron lugar a avaliación do I plan de igualdade (o segundo está en fase de deseño), e as xuntanzas da mesa interinstitucional de violencia de xénero. Boa parte das actividades tiveron un reflexo no blog ‘Ribadeo muller‘.
Despois pasouse lista ás actividades previstas ata fin de ano, entre as que se atopan xa en desenvolvemento as centradas no ámbito educativo. Nas centradas en termos cidadáns máis amplos, destacan a campaña de promoción do deporte feminino, con actuacións a varios niveis e a desenvolver en tres fases, ou a proxección da película ‘a cicatriz branca’, á que non lle viría mal un coloquio sobre a feminización da pobreza.
Outras actividades previstas son a continuación dos bonos-axuda en ludoteca, a elaboración do II Plan de igualdade, a celebración do 25N (día internacional da violencia contra as mulleres), os domingos a pé (iste …) e eventualmente unha proposta de tertulia ou café literario.
De cara ó futuro, pídese colaboración e ideas (xa hai algunhas: desenvolver a escola de pais, bricolaje, … )
Abondo. E o aproveitamento social? Intentarase.

 

AVV O Tesón
Nota de prensa
Ciclo de charlas
“Crise, economía e falsos dogmas”
Ribadeo, 20131011
Onte tivo lugar a segunda das charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de José Ángel Bolaño Penelo, quen despois de marcar cales ían ser os pasos durante a súa intervención, abordou abordou a crise referíndose ós capítulos correspondentes do libriño ‘Manifesto de economistas aterrados’.
Na charla, desenvolta no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo e seguida por trinta persoas, produxéronse ademáis interesantes intervencións do público, motivadas pola nídia disección da crise feita polo conferenciante.
Tras comezar coa pregunta ‘medidas de austeridade: baseadas en evidencias ou en dogmas?’, respondeu á mesma abordando a resposta a traverso dunha liña histórica, outra comparada e outra teórica, e incidindo na sociedade actual e os efectos que sofre. A ligazón de datos como que no 2009 1/8 da poboación residente de xeito legal en España fora de orixe emigrante e a súa aportación en 1/3 ó aumento do PIB -algo demostrado polos números- ou o travase de débeda privada a débeda pública e o conseguinte aumento dista debido ó mesmo xunto coa inversión en mecanismos automáticos de equilibrio -acompañados dunha diminución de ingresos por rebaixas fiscais- foi abordada como integrante da primeira parte da crise. De xeito parello, na segunda parte, foi destacada a incidencia da asuteridade en magnitudes económicas como o desemprego ou o desequilibrio fiscal, así como outros feitos como os ‘brotes verdes’ citados no 2011 e a súa realidade. O remate foi posto despois dunha cita que sinala que non é que gastáramos por riba das nosas posibilidades, senón que ganábamos por baixo das nosas necesidades despois de anos de baixadas do que significa as rendas no conxunto de rendas, sen medrar os salarios reais nin en època de bonanza.
No debate posterior, ó tempo que se reafirmaban afirmacións da charla como a relación desequilibrio de gasto público e axudas á banca, xurdiron outros temas como a organización do poder do capital fronte á desorganización social, ou que as ‘posibilidades’ (en relación á frase ‘gastar por riba das nosas posibilidades’) poden ser postas, e sóno, de xeito externo. Asemade, lembrouse que en cada punto/capítulo do manifesto que se emprega como fío condutor aparecen alternativas ó que se está a facer na actualidade, habendo polo tanto, alternativas aínda que se insista dende hai tempo en que non as hai.
Adxúntanse dúas fotos.
A próxima charla da serie será o venres 18 de outubro, no mesmo lugar e hora, a cargo de María Jesús Fernández Fernández

 

A nova, en Crónica 3.

Onte, a traverso de dúas vías diferentes, eldiario.es e es.okfn.org, cheguei a http://transparenciadecuentaspublicas.es, un interesante sitio para aumenat a transparencia da administración cara á nós, as persoas.
Ahí cheguei por exemplo ós impostos directos que recada Ribadeo: 232 €/hab., ou, o que é o mesmo, 2 333 249 € en total, 1061 habitantes contabilizados, ano 2012. A ‘débeda viva’ (segundo a mesma web, non inclúe a débeda comercial, senón financieira con entidades financieiras), é 278 €/hab., 2 800 000 € correspondentes a todo o concello. Cousas ambas, ó xeito das moitas outras de que dispón, que se poden comparar de xeito gráfico co grupo de concellos de poboación semellante ou da mesma provincia. Tamén son accesibles os datos a partir de mapas provinciais e a nivel estatal.
Reflicte tamén cousas como o superávit de 187 €/hab. mantido nas contas últimas ou os 329 €/hab. en persoal do concello, 3 307 735 € en total, ou gastos por intereses financieiros, 101 369 €. A esta última magnitude, gastos en intereses financieiros do concello de Ribadeo, corresponden os datos e gráfico seguintes, tomados da pantalla do ordenador hai un momento, ”

Intereses y otros gastos financieros de los préstamos contratados por la administración.

“.

Polo momento, non ten demasiados indicadores, aínda que si abondos: 31 indicadores de ingresos, gastos e balance son xa datos para traballar con eles, e aínda que falte o acceso a outros moitos, organizacións sen ánimo de lucro, veciñais ó cabo, seguen traballando por facer que teñamos máis control sobre os poderes ós que estamos sometidos.

happy wheels demo