default-logo
By :
Comment : 1

Hernán Naval, hoxe


Vai poucos días que atopei no mostrador da Escola Municipal de Música de Ribadeo (‘Hernán Naval’) un díptico que, a falta de comprobación, coido que sería o próximo concerto que Hernán Naval nunca chegou a dirixir co coro e Big Band da agemm. Así parece do dato que indica que Hernán tiña pensado gravar ese ano dous CD coa BSMR, aínda que non aparece o ano de celebración do concerto por ningures.

Do antigo Blog:
Unha visión. Negativa?

Poño o seguinte con medo de ser moi negativo, negativo de máis… tentarei compensalo noutro momento; tómese como un estado de ánimo… e, se hai algún lector coñecedor desta realidade Ribadeo e opina que algo non é certo (sempre nos podemos equivocar, e gustaríame que fora así) por favor, que mo comunique por correo-e para facer a corrección inmediata.

Ribadeo

Estamos en Ribadeo. Rúas levantadas, en aras do futuro que representa o gasto duns fondos europeos para reparar unhas rúas. Ribadeo, onde polo momento van cinco meses preguntando polos criterios de revisión dos locais nouturnos (e que si queres arroz, Catalina). Seguimos en Ribadeo: un devolto á porta dun garaxe segue hoxe, mércores, dende o sábado noite ‘fever’ sen baldear e cheirando (vai diminuíndo, cheiraba máis o domingo). En Ribadeo, si, onde despois de sachar por séculos un pedazo pequeño de terra descúbrese por casualidade un retazo da antiga muralla. No mesmo Ribadeo no que días despois de encabezar unha manifestación multitudinaria contra o recheo, o Alcalde pasa a apoialo, mentres outro punto fundamental do apoio, o Patrón Maior, pasa a calar e seis meses despois recibe unha axuda/subvención… (a forma non importa moito) de 12000euros (2.000.000 das antigas pesetas). O mesmo sitio onde os 900millóns de pesetas que deixaron de débeda os populares pensan ser reducidos diminuíndo as festas en cantidade (suponse que tamén en calidade), ó tempo que pasa a haber dúas liberacións por adicación ó Concello, subidas de máis do 50% nalgunhas taxas sen mellorar o servicio e aumentos de 600euros para algúns funcionarios (que non para todos) que quedarán cristalizadas a pesares de ser calificadas en función da productividade. O mesmo Ribadeo no que de pronto aparecen máis pisos nos edificios e máis casas, pero parece que as rúas seguen tan estreitas coma sempre e máis cerradas que nunca. O Ribadeo dos ruídos nouturnos, que xa cumpriron o decenio de protestas no medio dun aumento de vigor de xeito continuado. O Ribadeo onde unha discoteca leva anunciado todo o mes de maio ‘aberto ata as 8 da mañá’ sen que pase nada aínda que se salte á torera os horarios de peche, aínda aumentados este ano. O Ribadeo onde se retirou uns meses unha alfombra esvaradiza de goma para voltar a poñerse de novo. O Ribadeo que protesta pola externalización de servicios e vai externalizar máis. O Ribadeo que se ve dende a cúpula do observatorio de Sta. Cruz, pechada e sen amañar dende fai máis de seis meses. O mesmo Ribadeo que ten ordenadores ó servicio do público desaparecidos á vista do mesmo dende fai anos sen ou con internet. O mesmo Ribadeo que non ten polígono industrial e di que o vai ter… o mesmo que se dicía fai máis de vinte anos. O Ribadeo onde se propón que os plenos se rematen con preguntas dos asistentes e hai posibilidades de que se faga antes do próximo século. Si, o mesmo …

Xa abonda. Lector, podes seguir ti, que a bon seguro no maxín tes cousas polo estilo que eu descoñezo. E, se non sabes abondo, pregunta. E lembra, lembra para o futuro, ese que pretendemos que sexa de tódolos ribadenses.

Mentres, lector, por se hai dúbida, quero que quede craro que quero a Ribadeo e que faigo por el, por nós, o que creo que podo.

Wednesday, May 26, 200404:23 p.m.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author
  1. Truthmister Reply

    Hey, you have a great blog here! I’m definitely going to bookmark you!

    I have a swingers site/blog. It pretty much covers swingers related stuff.

    Come and check it out if you get time 🙂

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo