default-logo
By :
Comment : 0

Visións de Ribadeo

Esta foto da rúa peonil de Ribadeo non estaba pensada para aquí, pero ó vela veume á cabeza unha imaxe: a de ribadeo en negro en en cor, un Ribadeo que sucede con certa frecuencia e no que uns pucos están ‘iluminados’ e os outros se ven reducidos á ‘escuridade’. Exemplos? O primeiro que se me ocorre é o ruído nouturno, a consecuencia do que uns din recoller beneficios e os outros non poden durmir.
A continuación, un artigo o antigo blog, antecesor da crónica de febreiro de 2004 aparecida despois en Ribadeando (no libro):

Outra entrada
Dicía un anuncio “tódolos días un plátano”. Dicía Sta. Teresa de Xesús “a paciencia todo o pode”. E digo eu, que se esas citas e outras polo estilo son certas, débese de insistir tódolos días. por eso, un anticipo en borrador dun artigo que espero apareza pronto en “pensamentos”:
Febreiro dende a Atalaia
Nun ano, os meses van detras uns dos outros sen discontinuidade. Continuando en Ribadeo, despois de Xaneiro, ven Febreiro, que comeza como se de Maio se tratara (temperatura, ceo, frores…), co que dar unha volta pola Atalaia permite disfrutar á vez dun bó tempo, unha vista magnífica e o progreso das obras no porto deportivo, chamémoslle de Porcillán. Lentas pero continuadas (as obras…), como este mes parece pedirlle ó corpo en medio dun inverno normal, que non neste con temperaturas de xullo e de Siberia, alternadas de xeito rápido. O tempo inestable tamén parece unha sinal, algo que fixo marcar unha diferencia con Xaneiro: saíu á rúa un boletín do PP onde se fai queixa de exactamente catro cousas, pero que significa algo que o mes anterior non quedaba claro e que abre a porta ás eleccións xa próximas para Congreso e Senado: o dereito da oposición ó pataleo, sexa co base ou feito nas nubes. E parece que cara a esa cita electoral pasaron moitas cousas no mes: dende o antroido, onde a penetrou moi debilmente en comparación coa boda real, pasando polo Sergas, que anuncia na prensa a disposición do posto de pediatra, ó comezo de campaña, con dous mítins xusto ó comezo da da movida campañera. Aí tamén estivo presente o fracaso de fitur (segundo algúns) aireado na prensa do mes. E fóra do mes, unha primeira pedra política polémica, da que haberá que falar en Marzo. Rematou febreiro cun derrubio por sorpresa que a algún deixou branco para todo o día: o do edificio onde se atopaba a Farmacia de Nieto, que para evitar males maiores rematouse a golpes retrasando o mítin do BNG e cortando a rúa que din as malas linguas que fora cortada xa con anterioridade na viciñanza, pode que para evitar o derrubio do propio mítin. Noutra orde de cousas, xa se puxeron en marcha as escolas municipais e estase a desenvolver a “Oferta Cultural” do Concello, con curtos, actividades para nenos, ensino deportivo… ¿Marcha Ribadeo? É preferibe iso a Marchar de Ribadeo, e tamén á Marcha en Ribadeo. De calquera xeito, andan as augas movidas pola avaliación preelectoral. Traase de voltar ó revés aquello de que en augas movidas péscase ben: neste caso, axítase a auga para pescar, e, ás veces, péscanse… botas ou calquera lixo. A curiosidade de observar as correntes no remate da obra do Porto Deportivo sería unha alternativa ó tedio en contra do progreso da vila. E non é ironía: contemplación de obras como matar o tempo por falta de expectativas. E rematamos sen música máis que electoral, a pesares que precisamente co gallo desas eleccións fora lembrado Hernán Naval como antigo candidato. A banda ténnos desasistidos despois do concerto de reis, e o turismo un pouco esquecidos despois de Fitur, pero a continuidade dos días e os meses nótase. Marzo e as eleccións dan un certo formiguillo ó ambiente. Verase.
Antonio Gregorio Montes
… Xa veremos en que queda…”

(O anterior tamén era da entrada vella!)

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo