default-logo
By :
Comment : 0

19 de agosto. Festas?

Xa non é o primeiro día que están algúns chiringuitos de festas destinados ós máis pequenos (camas elásticas, hichables, …) no Parque de S. Francisco. Hai tempo que deixei de contar os días de ocupación de parque, pero tería que aumentar polo menos ata o día 8, isto é, vinte días máis…
Mentras, hoxe a nova de prensa foi o ‘affaire’ do Ex-director da EMMR e da BMR, Lourenço Cruz. Algo que referiron tanto progreso (sairá mañá xoves a versión .pdf da Mariña de hoxe) como voz, referíndose ambos a unha nota do concello que aínda non está agora mesmo no sitio de www.ribadeo.org. A pesares de que estou enterado do tema dende ha hai algún tempo, coido que non poñerei ningún comentario sobre o mesmo ata que se solucione o expediente. (Unha nota: minutos despois, volto a entrar na web do concello e si está xa a nota de prensa: http://www.ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=275&lg=gal)
Mentras, hoxe puiden observar de novo, pero dun xeito máis detallado, as correntes na zona sur de Mirasol-tesón de Mirasol-Tesón da Vilavella-Lamada dos bloques, e lembreime tanto do recente (aínda non hai un mes da súa finalización) dragado da canle do porto de Mirasol como do estudo de I. Asensio sobre a formación dunha praia artificial nos actuais ‘bloques’ (que remata coas verbas “Creemos muy dudoso el resultado que se pudeira conseguir con tal obra”). Coido que sería de proveito ós enxeñeiros de portos (Neste caso, de ‘Portos de Galicia‘) tanto o repasar algún dos estudos de Asensio e o nadar uns cantos días pola zona, para deseñar accións futuras.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo