default-logo
By :
Comment : 2

31 de marzo, data límite

Hai uns meses saltou á vida unha nova: ou o alcalde repoñía a legalidade da altura dun edificio na r/ Irmáns Ulloa antes de finais de marzo ou pasaba a aboar 1 300 €/mes. Dende aquela houbo un axuste na sentencia, a pregunta do propio alcalde: non se trata só de tirar a altura, pois quedaría o edificio sen teito, senón de repoñela. Iso implica un proxecto non só de tirado, senón de reposición, que aumenta 79 000 € ao proxecto incial, o que leva a cousa ata os 160 000 €. Queda unha dúbida (alomenos a min), se co novo axuste na sentenza variou asemade o prazo de xecución. Se non é así, entendo que mañá comezará a contar o prazo para o primeiro mes de pago, despois de ter pasado a cousa por mans de varios alcaldes. E é só o primeiro dos edificios, pois xa se falou da sentenza doutro, e non serán os únicos.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author
  1. Friol Reply

    Non deixamos comentario sobre a entrada , só para poñernos en contacto contigo:
    Contámosche:Dende hai tempo seguimos o teu blog e ao tempo témoste enlazado no noso.
    Se non é moito pedir, gustaríanos que de ser posible puxeses no teu un enlace ao noso.
    Dalgún xeito queremos ir asomando a cabeza e cremos é unha boa maneira.
    Aínda que elaboramos contidos sobre as terras friolesas, Ribadeo quédanos moi preto.
    Un saúdo desde http://www.terrasdefriol.blogspot.com
    J. María Carricoba

  2. Agremon Reply

    Perdoade, non o sabía. Xa está.

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo