default-logo
By :
Comment : 0

Trece anos de contacto con Europa

Onte foi a presentación da nova tanda de proxectos europeos de mobilidade do CIFP Porta da Auga. corría o 1997 cando en Ribadeo se deu o primeiro paso en proxectos europeos da man do IES Porta da Auga (daquela aínda non estaba dividido o centro en dous como na actualidade), cunha visita previa para coñecer outros socios e comezar un proxecto que se mantería por tres anos no ámbito do programa Comenius da UE. A continuación comezaron as accións de mobilidade e logo, os proxectos Piloto. O CIFP continuou con estes dous últimos apartados, que facilitan a visita de profesores a empresas e centros educativos de diferentes lugares da UE ou prácticas de alumnos neses lugares, e a colaboración con entidades diversas (empresas, universidades, administracións, …) para desenvoltar un produto novedoso capaz de ser comercializado e/ou difundido. E nesas están: este ano, en canto a mobilidade (un proxecto Piloto tivo unha xuntanza internacional hai pouco en Ribadeo), teñen previsto un proxecto de mobilidade de alumnos a Italia, e outro de profesores, algo que se verá ampliado para o próximo curso con tres proxectos de mobilidade, un de profesores a Polonia, outros dous de alumnos a Italia e a Alemaña, Polonia e Francia respectivamente.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo