default-logo
By :
Comment : 0

A educación anda movida

Mentras hai un clamor por calquera sitio a cada nova medida da calidade do ensino, ségunese a sufrir as decisións ‘de arriba’ de xeito impetuoso e brutal. En Ribadeo temos tradición, pois tócanos tanto o decidio a nivel estatal como galego. Se o primeiro que lembro foi levar para Burela as ensinanzas da rama Sanitaria de FP cando estaba repletas en Ribadeo e facían prácticas non só en Burela (o argumento era que en Burela estaba o hospital, que xa había cando se instaurou eses estudos en Ribadeo) senón tamén en Jarrio, a cousa continuou de diversas maneiras, por exemplo (e sen esquecer a reducción de centros en curso), non permitíndolle ós alumnos de ESO compatibilizar o estudo dunha lingua extranxeira nos IES cos da EOI. Neste segundo caso o alegado foi a duplicidade de estudos: que fora diferente número d ehoras e de nivel non valeu, pero tampouco que a preparación recoñecida na ESO siga a ser atacada polo baixo resultado.
Agora tocoulle ó ensino nouturno mariñán. é certo que está duplicado, pero non é certo que en tódolos casos esteña con baixo nivel de matrícula. Clámase dende a Consellería polo estudo semipresencial, e non sería malo se non fora unha substitución ás présas pola intuición de que vai ser máis barato, cando o funcionamento do ensino a distancia non foi potenciado nunca na Mariña ata o momento.
E, se nos fixamos, todos estes cambios son de atribucións a unha ou outra dependencia administrativa (aínda que lóxicamente, afecten ós cidadáns), pero non para unha mellora de calidade do ensino, e menos aínda, da educación…

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo