default-logo
By :
Comment : 0

Educación, si

Este fin de agosto presenta novidades educativas. Son informais, e pode que por iso mesmo esteñan en condicións de ofrecer un maior rendemento en actuacións de curto recorrido, ó sentirse máis vividas que aprendidas, sen necesitar doutra estrutura amplia que lles dea acubillo.
Unha delas é a que protagoniza ‘Máis talento, menos cemento‘, grupo novo con base en Barreiros que pretende facer unha oposición lúdica e didáctica ó cementón que se instalou hai xa algúns anos por ese concello, pero que segue loitando por medrar. Haberá quen diga que de educativo, pouco, pois non se dan clases… pero non, ó revés, moito: é educación vivida o promover un grupo autofinanciarse con simpatizantes nunha actividade lúdica (cea o día 4, apuntarse en diversos lugares de Barreiros, ou no 881 979 080), ter promovido xa e tentar promover manifestacións en defensa da natureza e a beleza, … Mellor que contalo, achegarse con eles e sentir que por aí deben de ir os tiros, sendo un mesmo.
A outra actividade, un campamento urbano para rapaces pequenos (8-14 anos) que está a ter lugar do 30 de agosto ao 3 de setembro polas mañáns con base no CEIP Gregorio Sanz. Da ecoloxía ‘como tal’ ó troco (ó fin, coidado do meido ambiente aplicado) serán materia deste campamento ‘axenda 21’, pensado como un aglutinante formativo en participación ambiental, participación cidadá e educación para o consumo. Cun final participativo: a entrega na alcaldía das súas suxerencias para a mellora de Ribadeo. A ver se nesa xeración chega unha auténtica participación popular nos asuntos de todos. Para saber máis do tema, pasar por alí… e desfrutar do que hai, como nenos.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo