default-logo
By :
Comment : 0

Din que a covardía é un vicio

Así o atopo na wikipedia, aínda que non apareza na definición da Real Academia. De resultas, a persoa covarde sería asemade viciosa… Esperemos que un vicio máis non se extenda por Ribadeo.
Despois de ‘escondendo a man‘, pasei pola casa da ría, e fixen fotos todo o contorno, coa intención de publicalas e comentar algunhas cousas concretas das pintadas. Variei de idea: sería dar propaganda á pretendida acusación e nón ó feito.
Estáselle a dar importancia a que vai ser difícil deixar a parede limpa. Coido que será máis difícil lavar a cara de quen o fixo: antes dubidei á hora de poñer ‘acusación’; en realidade, alí non se acusa de nada, senón que sinxelamente, se insulta.
Claro que antes hai que descubrir quen o fixo, dirá alguén. En boa lei, non fai falta: unha máscara pode ocultar unha cara cocha, pero a cara segue porca, e quen a teña, sábeo.
Por certo, tiven que corrixir a entrada anterior porque entendía que tamén se insultaba ó alcade. Non, faise ó BNG de Ribadeo en conxunto.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo