default-logo
By :
Comment : 0

Candidato a ser declarado demasiado galego

Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha declaración dun mandamáis calquera, e polo tanto, debera estar a salvo de tal declaración. Por iso mesmo reivindico a candidatura a tal honra.
Para quen non esteña enterado ou enterada de a que ven o anterior, deixo unha ligazón, Críticas a la edila coruñesa que vio las fiestas del PSOE «demasiado gallegas»,que pon en antecedentes ó lector.
Así as cousas, reproduzo os meus comentarios á nova:  Está claro que hai moita xente, mesmo nados en Galicia, á que lle parece que Galicia é demasiado galega. Vamos, que renegan do que é Galicia. E non se trata de que procuren unha evolución para a nosta terra á modernidade ou ó futuro, senón que procuran un corte para que sexa unha imitación doutras cousas, por exemplo, de Madrí (co í con til cañí)
 …ocórreseme que debo reivindicar a miña ‘demasía de galeguidade’: son galego e orgulloso de selo. Vivo a miña galeguidade como cidadán do mundo, de xeito crítico e tentando colaborar á mellora e futuro na soa terra dentro da Terra. Poderían declararme demasiado galego? Teño que cubrir algunha instancia, necesito que alguén me presente, ou chega con ser como son e querer seguir séndoo?
En fin, mirando cara a Ribadeo, coido que non hai a visión de ‘ser demasiado ribadense’ como algo pexrativo, pero xa é para dubidalo.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo