default-logo
By :
Comment : 0

Lei de independencia

Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura poñer as condicións para que os nosos maiores sexan o máis independentes posible, paliando a dependencia cunha contribución social estruturada, en troques de deixala ó albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden a relaxarse polo modelo social no que estamos. Nese sentido, sería máis ben unha lei que facilita a independencia da xente que se ve afectada por ela.
O título quere render tributo a esa lei, ó que se di nas novas, de aplicación farto defectuosa, pero poñéndoa en comparación con outros feitos que están a ocorrer na sociedade de xeito máis frecuente cada vez, e que manifestan unha deriva social que non se podería manter a longo prazo. Trátase da incongruencia legal e lóxica amosada na formación das novas (e xa non tan novas) xeracións. Como docente cunha traxectoria con certa dilatación no tempo, levo observado algún cambio en relación á educación ds pequenos, entre eles, unha especie de contradicción: unha sobreprotección dos fillos en canto a esixencia de dereitos e coidados por parte da sociedade, como cara dunha cruz que é o esquecemento dos propios deberes (tanto dos pais como dos pequenos), tanto nas propias familias como coa sociedade. Ó fin, manifestaríase en comportamentos máis egoístas que antisociais, tendo craro o ego pero non a idea de sociedade como algo conxunto, senón máis ben como algo ó servizo propio.
A cousa ben a conto de varias novas que se poden ler nos xornais como ocorridas onte en Ribadeo. Nunha delas, Gran despliegue para rescatar una lancha varada en la ría de Ribadeo. Las embarcaciones sólo pudieron regresar a puerto cuando subió la marea, pódese lembrar sinxelamente que a marea sube e baixa dúas veces ó día, que o xeito de desvarar sempre foi ise, a suba de marea, e que un despregue de efectivos nunha ría que no verán está ateigada de embarcacións implicaría como mínimo unha deixación de deberes doutra xente. Parece que foi tarde cando sucedeu, e que polo tanto non habería tanta xente navegando. Aínda así. Non terían que coñecer un mínimo na ría? Un erro teno calquera, pero o tema da suba da marea está craro. Resulta que se preocuparon por un neno pequeno na embarcación. Non podo saber con que contaban para abrigalo, se o meteron a resgardo do vento ou estaba na cuberta como calquera máis, … Unha vez rescatados, nin tiveron que pasar polo centro de saúde por hipotermia. Se está varada a embarcación -alquilada-, supónse que se pode baixar dela e camiñar polo tesón correspondente, e procurar auxilio en calquera caso, doutro xeito diferente. Abondos máis razonamentos ocórresenme (por exemplo, se foi alquilada, non se esixe un mínimo de coñecemento a quen alquila para saber saír dun trance semellante?) arredor do feito, que ven amosar como, en certas circunstancias, se crea unha dependencia con ‘necesidade’ dun grande despregue de medios, que se fan así ‘necesarios’, competindo en necesidade con outros que poden ser máis necesarios e que quedan arrumbados por cousa de poder de imposición.
Outro dos casos que aparecen nos xornais é o rescate dun cativo atrapado na casa, en Ribadeo. Houbo mobilización de medios, pero cando chegaron as ‘forzas de rescate’, neste caso, a Policía Local, o cativo xa fora rescatado. Nunha situación de alerta, sempre se cometen fallos e moitas veces sobreactúase. A cortedade da nova non permite moitos comentarios sobre que se fixo ou deixou de facer, pero ou ben a familia precipitouse grandemente, chamando cando xa estaba en vías de solución práctica a cousa, ou ben a PL retrasouse abondo como para verse forzada a familia a unha solución de urxencia. Repito que non sei que pasou a excepción do que on a ligazón enrriba, pero a cousa foi que neste caso a dependencia foi invocada, pero triunfou a independencia na solución.
Vénme á cabeza algo que coido ter xa comentad nalgues no blog: nenos de 14 ou 15 anos que saen os fins de semana ata as tantas da noite, lonxe dos pais, e ós que hai que coidar se se sae dun centro educativo pola mesma vila, de xeito que ata ai que pedir autorización ós pais, sendo o medioía …

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo