default-logo
By :
Comment : 0

Queixiñas

Onte pola mañá houbo unha pequena manifestación no IES Gamallo Fierros. Foi circunscrita ó ciclo de Educación Infantil, e non saíron do centro. Nada que ver coas de valencia, por exemplo. Neste caso a dirección do centro axusta que é debido a cousas coxunturais, e polo tanto a)non ten importancia, b)é algo pasaxeiro, e ademáis c)afecta a unha parte pequena do alumnado. É dicir, nada do que preocuparse: está todo controlado. É ben certo que non saen no xornal declaracións das alumnas do ciclo, senón só a súa protesta.
A orixe está nas obras para a unión dos dous IES, que levan anos de retraso en relación ó previsto inicialmente.
Non se fala de queixas por ensino de mala calidade, senón só de condicións no ensino: “non se cumpren os requisitos estipulados legalmente para impartir o ciclo”; “deficiencias como furados nas paredes, aulas improvisadas, ruídos” … vamos, nada anormal que non sexa transitorio como a vida mesma.
de que se queixan? En canto ós ruídos, podo testemuñar que nalgúns países non teñen portas de papel nas aulas, e hai auténtico illamento. Aulas improvisada háinas en moitos centros, funcionando por décadas enteiras en fondos de pasillo ou despachos. Furados nas paredes pode ser algo esaxerado, pero dudo que se vexa o exterior, e cnetros con paredes repisadas haber, háinos. En canto a non cumprir o legalmente establecido, non sei a que se refire en concreto, pero polas normativas soe circular unha coletilla do tipo ‘cumplirase (…) sempre que sexa posible’, co que todo resolto, pois se se estima que non é posible nun momento dado (duración indeterminada) sinxelamente non se cumpre.
Así pois, problema solucionado. E aquí a xente é pacífica, non como en Valencia. Respecto a esto último, claro que os recortes polo momento foron menores aquí, conservando aínda algún carto para a calefacción, por exemplo.
Por certo, dos profesores non se fala nada. Mellor, que se non comezarían a dicir mal dos funcionarios (xa é tradicional).

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo