default-logo
By :
Comment : 0

Para levar ben a vida hai que rir

O consello dunha redeira de Corme leva ó substancial da vida, que non é a risa, senón a felicidade. Pero resulta que se sabe dende hai tempo que se non son o mesmo, que non o son, si teñen algunha relación. Por iso hai que tomarse a vida con perspectiva, non a cegas, seguindo un camiño, non indo para calquera sitio sen preocuparse do destino, … tendo en conta oo que sapunta nos comezos das coplas de Jorge Manrique á morte do seu pai. Hoxe, hai un cachiño, chovía e estaba obscuro. Agora clarexou. Segue húmido e con nubes, voltará a chover, pero é de esperar que aquí sigamos cando suceda, e cando volte a clarexar e saír o sol … Quizáis aquí, para facelo máis almibarado, caería mellor un arco da vella, pero na procura doutra cousa, cheguei a ‘Save the beach‘. Tarda abondo en cargar e pode gustar ou non gustar, pero esta homenaxe ós voluntarios do Prestige non deixa de ser un apunte na dirección dun arco da vella de matriz humana saíndo da terra, ‘coa que está caendo‘.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo