default-logo
By :
Comment : 0

Acompasando o tempo

Parece que o tempo este ano vai parello ás malas novas económicas, políticas e de corrupción e comportamento de persoeiros públicos. Facendo bo o dito de ‘ata o corenta de maio …’, na época na que estamos, o Sol sae tímidamente entre nubes e as mangas curtas non son numerosas. Hai dez días que deixei unha entrada dicindo que este ano é, con diferenza, o máis chuvioso ata o momento no século. Dende aquela, os meteorólogos franceses anuncian un verán malo, malo. E tamén hai poucos días que a temperatura media do que levamos de ano se situou por baixo de calquera outro dos anos deste século…

 Por se non abondara coa táboa, a gráfica das medias de temperaturas ata un día dado é esclarecedora

O ano non se leva caracterizado por días extremadamente fríos, senón por temperaturas baixas para a época en xeral: nótase na gráfica que non hai grandes baixadas de media, como outros anos, o que indica tempadas curtas moi frías, pero dende o comezo manténse entre os anos máis fríos, e dende hai pouco máis de dez días, a media, a liña azul máis grosa) pasou a ser a máis baixa de novo (xa o fora por breves periodos antes).E claro, coa cantidade de choiva caída, os xardíns colgantes están fermosos, como se pode ver nas mostras de embaixo, tomadas no entorno da rúa Pai Sarmiento.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo