default-logo
By :
Comment : 1

Nota de prensa da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo (20130524)

Nota de prensa
Mesa de asociacións do concello de Ribadeo
20130524
(referenza en http://o-teson.blogspot.com.es/)
Representantes de sete entidades (as asociacións de veciños de Remourelle, Rinlo, Santalla, Vilela, a Plataforma de defensa da ria de Ribadeo e a convocante AVV O Tesón, máis un representante da coordinadora pro residencia) reuníronse o pasado venres no ribadense local do lavadoiro dos fornos con varios puntos na orde do día.
En primeiro lugar, fíxose un breve resume da historia da mesa de asociacións, que tivo a última xuntanza en outubro do 2010 para tratar do regulamento de participación cidadá. A partires daquel momento, e dado que foron as asociacións as que puxeron en marcha o grupo pro residencia en Ribadeo, a mesa non se voltou reunir para non interferir. Con anterioridade,  a historia da mesa recolle a desconsideración dos alcaldes, reacios a ter interlocutores diferentes que os encadrados en partidos políticos, na liña de non considerar a implicación dos veciños na vida pública do concello.
Na xuntanza tratáronse diversos temas, en particular
– O estado actual do regulamento de participación cidadá, que non variou dende a última xuntanza da Mesa, e no que foi exposta a experiencia de Allariz, con plenos radiados ou preguntas de viva voz no pleno por parte dos veciños.
– A área médica da mariña, punto no que se acordou distribuír o manifesto para expresar a adhesión, e ter listo para a próxima xuntanza un informe, incluíndo o estado da cuestión nos temas da concentración, e as restriccións, tanto en atención primaria como en hospitalaria.
– A polémica sobre o nome da ría, tema sobre o que houbo unanimidade no apoio ó nome legal e no que xurdiron algunhas propostas.
– A integración na xestión da reserva da biosfera, tratada recentemente nos medios como unha necesidade para seguir desfrutando de axudas, pero sen vislumbrar unha querencia por unha participación real por parte das autoridades que están a levar o tema, acordando facer un escrito.
Asemade, tocáronse outros temas dos que se viu o interese e se decidiu manter por diversas razóns nun segundo plano, como o xulgado ribadense, o uso de herbicidas en autovías, estradas ou mesmo por parte de empregados municipais, ou o mesmo mantemento do local de asociacións, que foi necesario limpar e ordear en parte para comezar a xuntanza.

Conscientes da necesidade de reorganización da mesa, así como da conveniencia de aumentar a representación, mesmo da procura dos teléfonos ou correos electrónicos para contactar algunhas novas directivas de asociacións, os reunidos acordaron voltar a xuntarse o día 21 de xuño ás 21 horas no mesmo lugar, o lavadoiro da rúa dos Fornos.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author
happy wheels demo