default-logo
By :
Comment : 4

Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo

Copio a nova de Correos.es sobre o selo presentado o sábado pola ministra en Ribadeo. Non dou detalles do acto (supoño que sairía nos xornais co listado de cargos presentes), pero si do selo, que coido máis importante, con 260 000 exemplares tirados:

== Puente de los Santos sobre
la Ría de Ribadeo ==
Data de Emisión 4/05/2013
Estampación Offset
Papel Estucado, engomado, fosforescente
Dentado 12 3/4 horizontal, 13 1/4 vertical
Tamaño do selo 74,64 x 28,8 mm (Horizontal)
Tamaño da folla bloque 105,6 x 79,2 mm (Horizontal)
Valor facial 2 €
Tirada 260.000 folla bloque

O selo dedicado á Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo, que une os concellos de Castropol (Asturias) e Ribadeo (Lugo), é unha das que responden á innovadora enxeñería civil.

Sobre a extensa ría de Ribadeo e para comunicar a comunidade galega e a asturiana construíuse, entre 1983 e 1987, a Ponte dos Santos. A nova ponte salvou a fenda que separaba a ría de Ribadeo, e facilitou as comunicacións entre ambas as ribeiras.
A Ponte dos Santos ten unha lonxitude de 600 metros e inicialmente construíuse cunha anchura de 12 metros para soportar unha estrada normal. Entre 2007 e 2008 procedeuse ao desdobramento da ponte, ampliándoa ata 24,60 metros de anchura, para permitir o paso da autovía do Cantábrico (A-8). Na actualidade conta con catro carrís e dúas beirarrúas. A ponte é de tipo alintelado, e está fabricada con vigas de formigón armado, aceiro e madeira. Soporta un peso superior ás 1.200 toneladas.
A ponte recibe o nome dos santos das dúas capelas que se encontran a cada lado da ría: San Román nas Figueiras, en Castropol, e San Miguel, en Ribadeo.
Antes da construción da ponte, as comunicacións establecíanse cruzando a ría en embarcacións ou dando un rodeo pola vella estrada que cruzaba entre Vegadeo e Porto.
A emisión consta dunha folla bloque que reproduce unha vista aérea da ría e da localidade de Ribadeo. No selo trepado insírese a moderna Ponte dos Santos.
Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author
  1. Anonymous Reply

    O alcalde de Castropol, o rector da Universidade de Mieres-Oviedo, A Sr. Angeles Rivero Velasco directora de La Nueva España, o Sr. Carballal direcor da COPE Ribadeo por máis de 20 anos… todos eles se supón que estuadiados, e son capaces de pasar por derriba da Historia, dos decretos oficiales, da toponímia ancestral do Reino de Galicia e de todo canto lles pete ¡¡¡vivan os demócratas!!! que so buscan intereses espurios para manter un posto de interino-eventual… ¡¡menuda tropa!!! decía Romanones..!!!

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo