default-logo
By :
Comment : 0

A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico

O mércores 15 de Maio celebrouse en Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo tanto descoñecemos quen estivo na xuntanza, cal foi a orde do día, os acordos se os houbo, etc.

Na xuntanza de Trabada un dos obxectivos prantexados é aprobar o documento básico da Reserva das Biosfera.
Pois ben, se non se cambiou a redacción do documento inicial, neste figura 18 veces a denominación Ría del Eo e unha vez a fórmula Ría del Eo o de Ribadeo.
Como xa empeza a saberse, pesie aos reiterados esforzos por ocultalo, o día 12 de Marzo de 2008 a Comisión de Nombres Geográficos do Consejo Superior Geográfico ratificou sen nengún xénero de dúbidas que o único toponímico legal era Ría de Ribadeo e ainda engadiu “… no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la de Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erroneo…”.
Este acordo foi rexeitado por unanimidade polo Parlamento asturiano tras unha moción de Izquierda Unida, pero curiosamente non foi recurrido en via administrativa e tampouco foi recollido nen publicitado polo concello de Ribadeo. Despois saeu o libriño, editado pola Asociaciación Puente de los Santos, en versión galega e castelá baixo os tiduos “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e “La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas” redactado no outono do 2008 e repartido polo Sr. Alcalde de Ribadeo aos colexios, foto na porta do concello incluida, o día 18,05,09. O devadito libriño utiliza, na edición castelá, a formula Ría del Eo e na edición galega a fórmula Ría do Eo ou de Ribadeo en aberta contradiccón co acordo da GENC. Xa teño publicado que centos ou miles de escolantes e profesores terán ocasión de aprender ao longo de moitos anos que esta ría ten dous nomes, gracias a colaboura inapreciable do Sr Alcalde de Ribadeo, D. Fernando Suárez Barcia.
Recentemente o concello de Ribadeo ven de aprobar unha rua co nome de Ría de Ribadeo, mesmo hai poucos días ven de aprobarse por unanimidade una moción sobre o nome legal da ría e mais sobre o uso preceptivo dos toponímicos oficiais por toda a administración pública española.
Efectivamente o art 19-2 do RD. 1545/07 que regula o Sistema Cartográfico Nacional di textualmente: “… Salvaguardando los intereses y necesidades de la Defensa nacional, la Cartografía Oficial Registrada será de uso obligatorio para todas las administraciones públicas…”. Enténdese que se refire a actos e documentos de carácter oficial, o que tamén está perfectamente definido na Lei 7/1986 de Ordenación da Cartografía.
Dito o anterior volvemos ao comezo. A documentación básica da Reserva da Biosfera utiliza 18 veces a expresión Ría del Eo e unha vez a expresión Ria del Eo o de Ribadeo. Suponse que o Sr. Alcalde de Ribadeo será a persoa mais indicada para lembrarlle aos membros da xestora que os documentos da Reserva están obrigados a utilizar os topónimos legais e neste caso o da Ria de Ribadeo. Para ésto non fai falla provocar polémicas, nen aspaventos dos que xa estamos ben sobrados, abonda con poñer a cada un no seu sitio.
Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo