default-logo
By :
Comment : 0

Despertando a sociedade, onte en Ribadeo

Onte en Ribadeo houbo dúas xuntanzas para despertar á xente do seu letargo. O seu signo foi ben diferente. A primeira, foi nunha praza aberta, no mercado, da plataforma da sanidade de A Mariña, para recoller sinaturas. Poño primeiro a convocatoria, recollida de Fb (tamén saiu nos xornais como nova):

Plataforma Sanidade A Mariña

Ribadeo, un pobo esperto, sensibilizado cos recortes na sanidade pública en xeral e o progresivo desmantelamento da sanidade pública na Mariña en particular.

Un pobo preocupado e informado é máis difícil de manipular e de manter na inacción e ao longo da mañá de hoxe así o demostrou coas súas mostras de apoio, as súas firmas, as súas preguntas, preocupacións e algunhas achegas económicas para poder continuar desenvolvendo o labor de denuncia que esta plataforma leva realizando dende hai 3 anos e que o goberno do PP quere acalar mediante sancións económicas, represión e persecución cara a aquelas voces que queren informar e concienciar sobre as nefastas políticas sanitarias deste goberno neoliberal e as súas consecuencias para a cidadanía da Mariña.

Grazas Ribadeo! Vémonos nos mercados e nas rúas por e para a defensa da sanidade pública xa que non nos van calar!

Supoño que as fotos sairán hoxe na edición impresa dos xornais; a estas horas non veo en internet máis que a que deixou o alcalde en Fb con cola ante a mesa cos papeis, e a deste artigo de crónica3. (correspondente á nota de prensa enviada, e que recibín tamén eu e reproduzo embaixo). Polo que di o alcalde, a recollida de sinaturas foi un éxito:

Hoxe no mercado, coa Plataforma en defensa da sanidade pública, recollendo sinaturas de apoio a esta reivindicación. Estou abraiado polas ringleiras de xente agardando para asinar o manifesto de apoio e contribuir economicamente a axudar a pagar a multa q lles impuxo a delegación do goberno pola manifestación en Burela hai varias semanas. Multan por defender a sanidade pública e a dignidade. Pois aquí vese a resposta do pobo!

 A segunda convocatoria chegoume tamén por internet/Fb, pero non a vin nos xornais, e se sae algo neles algo sobre que pasou, calculo que pouco será. Foi reducida en asistencia, en lugar cerrado (que non pechado, tanto pola asistencia libre como pola porta aberta). Aí vai:
 
Esta tarde, a las 19 hrs., en el Lavadero de Ribadeo charla-debate sobre propuestas de acción de la clase trabajadora desde la base, sin comités de empresa, sin elecciones sindicales ni sindicatos subvencionados por el estado. Hay otras formas de organizarse sin intermediarios.

A esta si que puiden e quixen ir. Aínda que polo visto, fun cunha idea equivocada, xa que se trataba de impulsar para formar o sindicato CNT en Ribadeo. Non sei se a cousa irá adiante, depois de que algunha ribadense se puxera en contacto con eles e viñeran ó que resultou ser unha charla presentación do sindicato abondo ilustrativa. Non sei o que dará de si, pero ogallá dé abondo.
En fin, dúas convocatorias que mobilizan un povo que coido que cada vez está máis sensibilizado e comprometido, aínda que entendo que o nivel de compromiso é aínda abondo baixo.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo