default-logo
By :
Comment : 0

Estafa autorizada? Xa non é nova!

Xa non sorprenden novas como a que remato de ler en Galicia Confidencial: Nova “quita” do 13% ás preferentes de Novagalicia. Nin tampouco que un deputado cobre por dous sitios diferentes o aluguer dun piso de luxo en Madrid, ou que alguén que apenas sabe ler deba entender o galimatías das preferentes, mentras un político non deba saber que hai que declarar pŕestamos de deceas de miles de euros, ou as mentiras tras mentiras de goberno e cia, ou a traición dalgúns sindicatos (mellor dito, da súa cúpula), ou mesmo as continuamente ben traídas viñetas de Fontdevilla
Así pois, necesitamos voltar a ter capacidade de asombro, e con ela, de reacción. E con ela, de rexeración social, de ilusión, … Claro que antes quizáis debamos comprender que ante feitos dos que agora se chaman ‘fortes’, a reacción tamén terá que chamarse ‘forte’, ser consecuente.
O verán ten, co seu aumento de luz, un efecto moitas veces (non sempre) atemperante, reconstituínte, que fai que cadaquén se reconcilie en certo xeito consigo mesmo, se recompoña. Cousa de aproveitar para sobrepasar unha crise que nos ten sobrepasados, que agora vai por diante de nós e parece que non a poderemos alcanzar, a pesares dos ‘brotes verdes’ anunciados (aínda que agora non os chamen así, que esa expresión xa se fixo acreedora de mala prensa).
Por iso é mala a nova de que os meteorólogos franceses anuncian un verán frío, frío, e non hai quen os desminta nin os apoie: déixanos sós do mesmo xeito que déixannos sós a nós, unha volta que nos quitan todo e nolo voltan quitar: deste xeito, non deixan nin a esperanza de que remate o desespero. E mentras os grandes titulares acaparan a atención, cousas máis pequeniñas son tratadas con certa displicencia: son pequeniñas, sen importancia, din, cando todos sabemos que as pequenas cousas son a sal da vida e a base das maiores.
Si, hai moitas cousas que cambiar, tamén én nós, seguramente. E para cambialas, hai que comezar … A iso imos.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo