default-logo
By :
Comment : 0

Natureza de retorno en Ribadeo

Fagamos un descanso. Un home desaparecido, a probable (e para min cando menos curiosa) supresión de horarios no FEVE ou a última entrada de onte sobre o nome da ría de Ribadeo deixan paso por un intre neste post á natureza. Unha natureza que retorna a nós de xeito recurrente aínda que a nivel global se vexa cada vez con menos forza.
As dúas primeiras fotos son da colección de xardíns colgantes. A primeira, preto da autovía, nunha casa abandoada, con blasón que presta adorno ó xardín acubillado nunha beira da fiestra.

A outra, na r/ Bispo Sarmiento, case xa rúa da muralla, cun tellado florecente que da gusto velo se se fai caso omiso da casa que o acubilla.

A terceira tamén é representativa dun avance da natureza. Hai trinta anos a zona de masa verde que se ve despois do oco correspondía a un vertedoiro fumeante que recibía ó visitante do faro tanto como ós barcos que se aproximaban á ría. Despois dunha rexeneración sen axuda, seguen existindo restos, pero hai que ir na súa procura para que unha persoa non especializada poda decatarse de que aí houbo un vertedoiro do lixo de toda a poboación.

O que queda é un vídeo. Corresponde ó xardín, a charca que resulta da fonte adorno do que se quixo xardín de indianos. Aí aparecen primeiro ras, logo peixes, en harmonía e convivencia nun espazo pequeno e abandoado boa parte do tempo. Mesmo diríase que ambos chegaron aí de xeito espontáneo …

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo