default-logo
By :
Comment : 0

Palabra de ministro

E Wert falou. O 6,5 como nota mínima para pobres. Os ricos poden pasar sen nota, é intrascendente: Sempre haberá quen lles venda un tituliño se quixeran. Os pobres, con menos de 6,5 deberan estar noutra cousa. Non especifica na súa sabiduría Wert, sabendo que cada un é diferente e polo tanto as respostas poderían ser múltiples, como o paro, ou a procura de emprego, por poñer dous exemplos doados. Ah, que o señor Wert dicía ‘estudando outra cousa’! Quizáis fóra simplesmente unha indicación de outro oficio na fp para non atopar logo emprego en troques de outra carreira universitaria… os designios de Wert son tan intelixentes que se escapan. Por iso non comprendemos que quen sexa pobre por herdanza (lembremos, son os pais que son pobres os que traen ó mundo nenos e nenas pobres) necesite ser máis intelixente, esforzarse máis na vida, para ter menos, comezando pormenos posibilidades. Que é iso da igualdade? Por que cremos entón que o goberno está suprimindo as axudas á igualdade?
Quizais haxa outra explicación, a que da a viñeta de Fontdevila:

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo