default-logo
By :
Comment : 2

Polémicas (rematadas) reacendidas, Barreiros e Ribadeo-ría

A Xunta de Galicia recibe un varapao da Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que lle nega a regularización dos edificios de Barreiros. É a última das polémicas que se reacende. Esta volta, por unha xustiza que se ten tornado aleatoria, en función de intereses e control en moitas ocasións, mentras noutras, as menos en casos nos que intervén a política ou as finanzas, fai honra ó seu nome. Unha xustiza á que só lle teñén confianza quenes cren controlala. Unha xustiza que non fai mella no alcalde de Barreiros, que dice estar seguro polas edificacións xa construídas, visto que os edificios perpetrados que logo son derribados son unha gota no oceano.

Foto cara á ponte dende o faro vello da Illa Pancha, a semana pasada.

A nivel Ribadeo, antonte saltou por enésima volta a polémica do nome da ría, da ría de Ribadeo. As diversas novas (1, 2, 3, 4, …) parece que son todas máis ou menos repetición dunha mesma nota de prensa que trata ó partido PSOE como un monolito que non é, presentando unha iniciativa no congreso con expresións como ‘para más agravio, se hace uso del nombre de la Ría de Ribadeo’, ó tempo que pide un axuste ó dereito poñéndolle o nome de ría do (río) Eo e lembrando que en Castropol se puxeron todos os partidos de acordo para pedir un cambio de nome da ría.
O certo é que, á espera da confirmación por parte dalgún representante do PSOE local, diría que non se enterou disto ata que o viu impreso, pero a estas horas en internet tampouco vexo ningún posicionamento en contra da posición, nin do PSOE local nin doutro partido. Xa veremos o que da de si.
Mentras, a lembrar unha nova de hai xa doce anos, na que o PSOE abogaba polo nome de ría de Ribadeo, en contra da actitude pasota da Xunta naquel momento.
Actualización 1:
No xornal de hoxe no papel,

Escaneada por Capón López Pérez

 Actualización 2:
O selo, escaneado por min (aquí, como saiu hai un mes), a tamaño máis ou menos real. A dicir que, en contra do dito polos seus detractores, Castropol vese, se ben a medida que se alonxa un punto da foto, hai unha cobertura de vapor como moitas veces se da na ría, e ó quedar máis lonxe Castropol que Ribadeo, pois vese peor. Por certo, que aínda está dispoñible na oficina de correos, como puiden comprobar esta mesma mañá.

Actualización 3:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/260621-jose-blanco-critica-partido-reabra-debate-nombre-ria-ribadeo … onde se especifica que o PSOE renuncia a debatir a iniciativa no Congreso é dicir, por ista, tema zanxado.
Actualización 4, xa xoves 28, e última (de xurdiren máis, será en entrada diferente:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/06/27/ria-ribadeo-enfrenta-diputados-psoe/0003_201306G27P14991.htm

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author
  1. Yo escribo Reply

    Normal que nos vaia así. Cando nos preocupamos por problemas menores en lugar de preocuparnos por o que realmente lle ten que importa á sociedad a día de hoxe. Xa o decía Darwin: A especie que sobrevie é a que meior se adapta ós cambios. E algúns siguen preocupándose por problemas sin máis importancia que un nome, en lugar de buscar sinergías entre uns e outros para tratar un problema bastante máis importante para á sociedad e sobre todo para a Mariña de Lugo.

  2. Agremon Reply

    Coido que a miña postura xa ten quedado abondo clara en ocasións anteriores, non insisto aquí …

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo