default-logo
By :
Comment : 0

RÍA DE RIBADEO. USOS E COSTUMES DO MAR.- Pancho Campos Dorado

Resultoume sorprendente o artigo do 15 de Xuño actual, neste querido semanario de La Comarca del Eo, de D. Jesús Alonso: “No nos callarán, hoy y siempre … “Ría del Eo”. Sorprende ver como se pode ser capaz de escribir sobre un tema que se desconoce e se falta absolutamente o rigor histórico do que fala. O nome da ría foi sempre Ría de Ribadeo, e nunca Ría do Eo pois este é un término marítimo absurdo. Pero vamos por partes.
1) Decirlle a D. Jesús que: “galegos e asturianos primos irmáns”, é un dito popular que non quere decir que uns son primos e outros irmáns, quere decir que somos “primos carnais” ou sexa, fillos de irmáns. Pero vostede sírvese do dito, para facerse a “víctima”, como si fora “un primo”. Seu problema, pois a parte que me corresponde coa miña familia de sangre asturiana, seguireina querendo igual e tratando como tal, de familia.
2) O Marquesado da Ría de Ribadeo (BOE núm. 151 Martes 25 junio 2002) parece ser que molestou a algúns “terráqueos” da orilla esquerda da Ría de Ribadeo, que non entenden a tradición mariñeira da Ría de Ribadeo, pois todas e cada unha das cartas de navegación habidas e por haber son da Ria de Ribadeo desde 1776; 1787; 1788 e posteriores ata nosos días para entrar os barcos no único porto comercial da zona conocido en todo o mundo, gracias os mariñeiros, como Porto de Ribadeo.
Non sei si ten vostede algunha das cartas que utilizaban “en 1800 los barcos que navegaban por el estuario que conforma la ria del Eo hasta llegar a la parroquia de Abres, en el Concejo de Vegadeo…”. A ría de Abres é do Concello de Trabada e seguro que non ten ningunha carta de 1800 coa denominación da Ría del Eo, pois daquela non se publicaban chorradas. Pero eu sí, lle podo enseñar varias cartas náuticas de 1787 e tódalas posteriores ata os nosos días da Ría de Ribadeo. Por outro lado decirlle que o Concejo de Vegadeo, en 1800 era a Veiga de Ribadeo. O seu relato non ten linea sin pecado, e non debe esquecerse de contar verdades, pois está poñendo algo por escrito, e non tergiverse noticias que non coñece, pois senon vamos pensar que é un simple “coleccionista de estampitas” das que se pavonea, pero que nada ten que ver a súa afición co rigor da filatélica, e sí máis ben, coas aficións dos nenos a coleccionar cromos.
3) O Ministerio de Fomento en 13 de Marzo de 2008, edita un informe sobre a decisión da Comisión Especializada de Nombres Geográficos del Consejo Superior Geográfico, sobre o topónimo da Ría de Ribadeo, no que dice: “que sostiene con contundencia que el único nombre que debe otorgarse a la citada ría es el de Ría de Ribadeo…”. Entérese D. Jesús, chamarlle Ria do Eo, vai en contra da normativa democrática actual, e por suposto da historia antigua e moderna da Ría de Ribadeo.
4) Hai sentencias dictadas donde a Ría de Ribadeo foi xurisdicción do Principado de Asturias. Efectivamente, por poucos anos, pero non volva a tergiversar, a denominación da Ría de Ribadeo, que dependía do Ministerio da Guerra ou de Marina, e non da xudicatura civil ou eclesiástica que iban conxuntas por aquel entonces, e quenes facían o reparto xurisdicional eran, xeralmente, os bispos de Mondoñedo e de Oviedo. Debido a esto, ata fai sesenta anos, a xurisdición de Mondoñedo chegaba a Navia, pois desde ó 20 de dicembro de 1369 o Condado de Ribadeo chegaba e chega o río Frejulfe. Pero en tódalas épocas se coceron fabas de usurpación, e este afán de apropio da Historia do Reino de Galicia non se empezou ontes. Pero esto queda para outro relato, que eiquí non cabe.
5) O selo do “Puente de los Santos sobre la Ría de Ribadeo” é unha preciosidade de fotografía e o díptico unha excelente pintura. Seguro que dentro duns anos valerá unha fortuna. Parece ser que o PSOE (A Mariña de El Progreso, 25-Xuño) non lle gusta a foto e quer debatir na Comisión de Hacienda e Administracións Públicas que o retiren, así como tamén, cambiar a denominación da Ría de Ribadeo, por que “Ría del Eo se ajusta más a derecho” ¿o dereito de quén? ¿que lle parecería o PSOE si o presidente de Chile cambiara o nome do Estreito de Magallanes, pois é unha reliquia marítima da antiguedade, e que a día de hoxe non é relevante, e debera de cambiar o nome por algo máis “axustado o Dereiro Chileno actual”. Igualmente podería pensar o Presidente de Panamá coas cidades de Colón e de Balboa… e unhas decenas de exemplos máis, que son gloria e dereito da Marina Española e non das Comisións de “Ferias, Fiestas y Mercados” o que nos teñen acostumbrados estes “cambistas”. Persoalmente non me gusta a denominación do selo, pois para min debera de ser “A Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo”, todo no idioma galego, pois pertence tanto a orilla de Ribadeo, como a outra orilla de Reboredo ata o río Frexulfe as “Terras de Ribadeo”. Pero en aras do bilingüismo e da fraternidade de ámbalas dúas orillas da que D.Jesús, fala pero non practica, pode estar ben así.
6) Por outra banda, os señores que montaron o tinglado do espacio protexido da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos y Tierras de Burón, “esqueceron” o nome da Ría de Ribadeo, foco principal de outra usurpación toponímica do Reino de Galiza, que seguramente se non se remedia se levará a cabo antes de acabar o século XXI, co beneplácito das autoridades galegas de turno, tanto locales, da Xunta en Santiago como do Goberno de Lugo.
Fixéronse xuntanzas e actos cos alcaldes de Ribadeo e esto é para min o máis triste de recoñocer. Deixáronse levar, como si non acontecera nada, e é de vital transcendencia o defenderse do capricho duns poucos… Primerio D. Carlos Andina, coa inauguración da Reserva da Biosfera é en Santa Cruz de “La Casa de la Ría” a secas sin engadir “de Ribadeo”, a “Casa de la Ría del Encuentro”, ¿de qué encontro? Trouxeron o Sr. Touriño e o Concelleiro de Cultura da Xunta a inugurar a cabana miradoiro da fauna da ría. Logo tocoulle a D. Fernando Barcia, co libriño editado pola “Asociación del Puente de los Santos” en versión galega: “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e en castelán: “La Ría del Eo Naturaleza entre dos aguas”. ¿A que xogan vostedes os nosos representantes civiles? ¿como é posible que fondos públicos que veñen da UNESCO (Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) para programas destinados a promover os valores culturales dos pobos sexan empleados para a usurpación toponímica de Galiza? (véxase “Burónlandia” 01-Outubro-2011 é Burónlandia II, 12-Novembro-2011 artigos en “La Comarca del Eo”)
Agora, a estes señores da Reserva da Biosfera xa lles parece que teñen a plaza de Ribadeo gañada, e o mércores 15 de Maio 2013, tiveron xuntanza no Concello de Trabada e o 31 de Maio no Concello de Ribadeo. Naquela houbo nota de prensa, e nesta non, ¿que foi o que se acordou nestas xuntanzas? ¿ó pobo de Ribadeo non chegou todavía a Ley de Transparencia, Sr. Barcia? ¿que teñen que ocultar que os veciños de Ribadeo non debemos saber, ata que este todo atado e ben atado? ¿será aquelo de que a Reserva da Biosfera é asturiana, como nos decía por carta a AVV “O Tesón”, D. Jesús Valderrábano Luque en Decembro 2012, desde INDUROT a Universidade de Oviedo en Mieres, e que lle contestamos en carta privada daquela maneira…?
Por último decirlle, D. Jesús Alonso Penelas, que sinto non estar dacordo en casi nadiña do que dice e recoméndolle que compre e lea a edición tetra-língüe das “Cartas da Ría de Ribadeo” que vamos a editar nos próximos días a AVV “O Tesón” de Ribadeo, un claro exemplo dun retazo da nosa historia compartida en ámbalas duas orillas e aprenda a toponímia de tódolos rincóns da Ría de Ribadeo, e por certo, párese un intre a ler tamén, como realizaba un barco a maniobra de entrada na Ría de Ribadeo, desde o mar e navegando a vela para fondear en Porcillán ou a volta de Cabanela. Unha verdadeira delicia para descubrir rincóns que á xente intelixente, que lle gusta o mar e os seus enraizados Usos e Costumes, lle encantará.
Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo