default-logo
By :
Comment : 0

Sobre un indicador económico

Hai uns días, o venres, vin na Voz de Galicia unha táboa que me chamou a atención. Estaba asociada á nova ‘o ritmo de creación de empresas repunta en toda España‘ (táboa non reproducida en internet). Con algo máis de tempo, fun ampliar a información ó INE e completala coa poboación correspondente e cunhas sinxelas contas e gráficos. O resultado está embaixo.
A primeira gráfica corresponde ó número total de sociedades mercantís (‘empresas’) creadas no mes de abril, tamizadas polo número de habitantes de cada entidade. Independentemente de que debido á escaseza de creación, os números podan resultar en algunha comunidade abondo aleatorios, e facilitar o titular tipo ‘España vai ben’ facendo caso omiso doutros factores, a gráfica representa a actividade en relación ó número de habitantes (nº en relación a 1 millón de habitantes), dando unha idea da potencia económica de cada zona e as diferenzas entre zonas. Dentro de Galicia, a beira atlántica segue sendo máis dinámica económicamente que o interior. E en España, as zonas tradicionais seguen sendo as máis puxantes, encabezadas por Madrid, pero con algunha sorpresa, como o terceiro posto en creación de mepresas que corresponde a Andalucía ou o modesto lugar do País Vasco. O conxunto de Galicia ocupa un lugar medio, pero máis ben cara enrriba na liga interrexional, aínda que o balance xeral polo número total de empresas faga dicir ó xornal que que a creación de empresas en Galicia é algo menor que o peso que lle corresponde en relación ó peso económico. Isa é a visión xeral se nos dixamos guiar só polas empresas creadas. Pero tamén hai que ter conta as empresas disoltas, e aí, dentro de Galicia, vemos como o balance total de empresas constituídas menos empresas disoltas se inclina a favor de A Coruña máis que o aparente de Pontevedra, e Ourense supera a Lugo. A nivel estatal, Baleares achégase á primacía madrileña, Cataluña avanza postos, e Galicia tamén os perde.

 A segunda gráfica amosa o cociente entre o número de sociedades creadas e disoltas. En tódalas entidades provinciais ou autonómicas a ratio é maior que 1, pero nelas Lugo case lle disputa a Ceuta o posto inferior. A nivel estatal, destaca Murcia dun xeito sorprendente alomenos para min, quedando Cataluña, comunidade Valenciana e Castilla-La Mancha agrupadiñas a continuación na creación neta relativa de empresas.

 A continuación, a táboa que soporta os datos.

En conxunto, e de xeito illado, os números non poden indicar o medre na creación, pero isa análise necesita de máis datos e atéñome polo momento ó que indica o xornal. Consideraría, iso sí, unha boa noticia sinxelamente que a ratio empresas creadas/empresas disoltas sexa maior que 1, cousa que sucede. E como se traduce isa boa nova cara á xente? …

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo