default-logo
By :
Comment : 0

800 €

Chegamos a venres. Hai algún tempo que os venres eran temidos polos novos recortes que se anunciaban. Xa non: a amputación chega a dormecer.
Esta mañá levanteime lembrando algo que lin aló por … abril? e fun na procura do dato: a factura por intereses da débeda pública (noutra entrada anterior falei en relación á débeda global) está contemplada nos orzamentos do estado para 2013 con 38 600 000 000 €. A cousa é que en España andamos polos 48 000 000 de persoas. Se facemos a división deses números redondos … 804€/persoa-ano.
É certo que  meu coche é abondo económico, pero, para facerse unha idea, con 804€ coido que podería ir ata Moscú e dar a volta e aínda me sobrarían cartos para contribuír a comidas ou hoteles. Se lle sumo as cantidades correspondentes ós membros todos da familia, o extremo oriente está ó alcance da miña man.
Pero non, quedarán nos presupostos e levaráos … quen os leve.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo