default-logo
By :
Comment : 0

Escollera no

En torno á ría hai conflitos. Ás veces, pequenos, dos que non nos enteramos; máis probable aínda se se producen á outra beira. Quedei sorprendido hai pouco por un que non sospeitaba.

A foto corresponde ó peirao de Castropol. Nel aparece unha inscrición xa medio borrada: ‘escollera no’. Non sabía a que se refería. Unha escolleira en Castropol?
Preguntei a un remeiro e aclaroumo de xeito rápido: Na construción da rampa de baixada, nova, que se ve na imaxe, os remeiros non vían a necesidade de poñer pedras de protección -a escolleira- que ademáis lles impiden abarloar e baixar dun xeito máis doado. Loitaron, e polo que se ve, perderon. As causas, quizáis que comezaron demasiado tarde, cando se enteraron, ou quizáis intereses económicos en botar unhas pedras nunha zona aparentemente calma e onde non parece que fagan grande labor, cando no muro pegao non hai tal.
Sexa como sexa, a escollera está feita … e pouca xente o sabe, nin pola ría (unha pequena cousa en comparación con outras que se levban feito) nin pola loita (quizáis tamén menor) nin moito menos polas causas.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo