default-logo
By :
Comment : 0

Non importa: turismo destemporalizado

O concello hai tempo que leva dicindo que quere un turismo desestacionalizado. Coido que considerando os fines de semana, a desestacionalización vai por bo camiño. Agora preve un novo colapso na praia das Catedrais, que xa hai tempo que está recibindo abondos visitantes dentro deste mesmo ano. E isto, a pesares da temperie que fai que iste ano teña unha media de temperatura ata agora 0,44 ºC máis baixa que calquera outro ano do século, ou que xa esteñamos a piques  sobrepasar a catidade de choiva caída tamén en todo o 2009 (con datos da Pedro Murias de onte mesmo). Así pois, alomenos, turismo destemperizado.
Non deixo gráficas de novo por ser semellantes ás anteriores que levo posto, segue a tendencia. Quen queira máis documento gráfico, Capón está colgando na rede (facebook) unha foto diaria de como amence o ceo en Ribadeo. Cóllolle a última, correspondente a onte (a de hoxe é da rúa mollada):

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo