default-logo
By :
Comment : 2

O futuro económico de España

Un título moi rimbombante me quedou … quizáis para compensar o cariz da entrada. Só ven a conto que me atopei días pasados cun dato que xa coñecía pero que me fixo pensar. Na actualidade, a débeda española, tanto privada como pública, anda rondando o 400% do PIB, é dicir, por cada euro que se produce en España, débense 4. Non entro na transferencia de débeda dos bancos ó estado de todos, decidida polo delegado gubernativo dos financieiros que temos por presidente do goberno, ou na saída de capitais que acadou o seu clímax o pasado ano, superando en monto ó subministrado á banca, ou a evasión de impostos, abondo máis importante que os recortes en sanidade e educación xuntos. Non, só quero chamar a atención dun detalle: o xuro medio da débeda anda polo 5%, e o 5% do 400% é o 20%. É dicir, só de intereses de débeda, hai que pagar 1 de cada 5 euros producidos en España, ou 3 de cada 5 euros dos exportados (tendo en conta ademáis que o ano pasado aínda importamos máis que exportamos, polo que segue aumentando a débeda). Naturalmente, a parte hai que devolver o principal dos préstamos … e manter cos impostos os servizos e infrastruturas, e vivir, tendo en conta que a economía estase a contraer, e polo tanto, a porcentaxe que se levan os intereses tende a medrar.
En fin, a situación é máis complexa, claro, hai moitas máis variables, pero pensa que dalgún xeito, os próximos cartos que entren no teu peto verás que sofren unha tallada de 1/5, que se irá voando en parte cara a Alemaña …

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author
  1. Javier Chao Reply

    En xeral concordo ca tua opinión,pero pergúntome por qué non se reducen os préstamos ate o valor de mercado actual dos inmobeis que serven de garantía. Esto suporía unha redución da deuda hipotecaria e un maior poder adquisitivo das familias e empresas e aumento do consumo.E as axudas da UE aplicaríanse necesariamente a paliar as consecoencias desta operación

  2. Agremon Reply

    Quizáis porque a finalidade nestes momentos parece que é manter un nivel máximo de extracción de recursos do país gardando unha mínima estabilidade subordinada, para maximizar a invesrión realizada polos prestamistas.

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo