default-logo
By :
Comment : 0

Divide e vencerás. Ou era ‘vence e adícate a dividir para facer o que queiras’?

A práctica política está tan aquelada que xa non se sabe se rir ou chorar, se protestar ou non dar importancia ás cousas. Quizáis é iso o que se pretenda, o ‘pase’ xeralizado da política para que se encarguen dela os ‘profesionais’. Eu son disa opinión, matizando que non se trataría dun movemento organizado, senón dun movemento interesado persoa a persoa de quenes o practican.
A cousa ven á montaxe que se está agora a realizar en Riotorto e no que se ve implicado Ribadeo. Deixemos unha marxe á distorsión da nova no seu paso ó papel ou á pantalla, xuntemos as forzas renovadas de ataque ó comezo dun curso político, as forzas e recursos limitado destes tempos que corren en comparación a hai uns anos, misturesmos todo, remexamos, e … voilá! Unha nova polémica ex nihilo na que de paso, pode saír perxudicado Ribadeo.
Unha volta feito o primeiro comentario, quede claro que é unha impresión a raíz dunha nova nun xornal sobre unha acción política nun concello que nin é limítrofe con Ribadeo. E logo, xúlguese.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo