default-logo
By :
Comment : 0

Botando algunhas contas sobre a perda do poder adquisitivo dos funcionarios galegos

No xornal de onte viña unha nova sobre a perda do poder adquisitivo dos funcionarios da Xunta. Polo título, parecería que un 4%. Na edición en papel aparecían diversos conceptos que aumentan abondo dita cifra. Collendo só ós máis doados de contabilizar, e descartando outros como o que representa a reducción de días ‘Moscosos’ (concedidos no seu momento a cambio de soldo), a reducción de pensións, a reducción de soldo en estado de enfermidade, a reducción de plantilla ou o alongamento da vida laboral, dende finais do 2008 teríamos:
-No que respecta ó ipc, dende o fin de 2007 a comezos deste ano (datos ine.es), a inflacción representou o 15,6%, xerando un gráfico como o que segue:

É dicir, a comezos do 2013 115,6€ tiñan o mesmo poder de compra, segundo cifras oficiais, que 100€ a finais do 2007
-En relación ás diminucións de emolumentos, son sempre aproximadas de xeito xenérico, representando dende o 2007, e cando o soldo non foi conxelado, unha diminución mínima sucesiva de 5%, 7% (supresión de paga extra) e 4%, representando en importe bruto que por cada 100€ de finais do 2007, só se recibiron 84,8€ a comezos do 2013.
É dicir, xuntando os dous factores, o pode de compra do soldo a comezos do 2013 é o 73,4% do que se tiña a finais do 2007, unha perda do 26,6%. Repito, factores extra de reducción a parte, que levan a cousa a máis dun 30% de perda.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo