default-logo
By :
Comment : 0

Nota de prensa de O Tesón: charlas de economía e crise

–>

AVV O Tesón
Nota de prensa
Ciclo de charlas
Crise, economía e falsos dogmas”
Ribadeo, 20130929
Preocupada pola crise, a AVV O Tesón ten organizado para o mes de outubro un ciclo de charlas sobre ‘crise, economía e falsos dogmas’, no que colaboran persoas do noso entrono que poden ampliar as nosas miras e aumentar o noso coñecemento e a nosa conciencia do que está a pasar na economía actual, a súa relación coas finanzas e os efectos que sentimos como sociedade.
O días venres 4, xoves 10, venres 18 e venres 25 de outubro ás 20:30 terán lugar no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo as charlas e posterior coloquio, dirixida cada unha delas por unha persoa diferente, coordinados dende o comezo para facilitar un mellor aproveitamento.
O fío condutor ó longo das charlas serán os puntos do ‘Manifesto de economistas indignados’, documento que foi dado a coñecer por un nutrido grupo de economistas que non deixaron de recibir adhesións dende entón, e que trata de debuxar un esquema claro que facilite a comprensión da crise, porqués, consecuencias e alternativas.
A estrutura de cada charla consistirá nunha moi breve presentación, a exposición de cada poñente e posterior debate sobre os temas tratados, en particular, e sobre a situación de crise, en xeral.
O ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou máis baixo: preténdese igualar os niveis por enriba explicando os conceptos necesarios.
Adxúntase o cartel correspondente á primeira charla.


No blog de O Tesón

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo