default-logo
By :
Comment : 0

O xoves, pleno en Ribadeo. Si?

Si, o xoves hai pleno en Ribadeo. Entérome pola prensa, porque chegoulles que hay unha cousa que pode resultar de interese para a venda de xornais: o alcalde pretende pedir co máximo apoio un parque natural para Ribadeo, da Illa Pancha ás Catedrais. Por certo, nin a nova nin o pleno están aínda reseñados na web do concello. E digo, se saen as cousas antes en papel que na web do organismo que as emite, é de supoñer que non teña moitas visitas isa web, porque o máis interesante sairá antes noutros medios.
Un pleno máis do que nos enteramos por casualidade. Sen saber os outros puntos. Un pleno que ademáis, segue rompendo coa tradición máis ou menos establecida máis ou menos de que os plenos ordinarios eran luns (en xeral, o segundo, pero iso podía variar) dos meses impares. O caso é que a información sobre o concello, no que a posibilidade de participación se refire, segue chegando ‘daquela maneira‘.
Por certo, se alguén pode atopar en ‘ribadeo.org‘ o escudo de Ribadeo, que me diga onde …

Por certo, o escudo que poño, procedente da Galipedia, ten unha notiña na web: “Este escudo non é oficial, en caso de empregarse esta imaxe debe expresarse na lenda tal circunstancia” cousa que en xeral non fan as web que o poñen, que son a maioría das que aparecen cando se procura en internet “escudo de Ribadeo”.
Remato sen analizar aínda a propia petición de Parque Natural mentras comezan a concentrarse os ciclistas que hoxe participan na bicicletada ribadense.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo