default-logo
By :
Comment : 0

Os 31 da fama

Esto si que é cachondeo e non o da miña entrada de onte sobre a creación de chourizos! 31 parados menos nun mes dan para querer ocultar as novas de Bárcenas-PP e compañía, o préstamo sen interese, sen pasar por Facenda e con escasa devolución Rei-Infanta, a diminución de emprego, a contribución da emigración á España pretendidamente ben, grazas, os espolios legais, a fame … Claro que se acompañan con cousas como a explotación da visualización gráfica ou a sinxela calada sobre o que non interesa, por non sinalar tamén as manobras sobre unha Siria que o imperio quixera invadir sabendo que a invasión non vai solucionar nada.
Segundo Galeano, Voltaire ten escrito que ‘a boa política coñece este segredo: cómo facer morrer de fame ós que permiten vivir ós demáis’. Hoxe a adaptación sería ‘a boa política coñece este segredo: cómo como escorrentar ós que permiten vivir ós demáis’. Escorrentalos para que marchen, para que deixen de contar no paro, para que paren de protestar, para que só sexan invisibles contribuíntes a ben visibles dependentes deles (aínda que pareza algo raro aplicar aquí a verba ‘dependente’).
Non sei como poden triunfar programas como os reality show con esta realidade que unha e outra vez supera ó imaxinado na ficción.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo