default-logo
By :
Comment : 0

Sobre a versión galega da vía catalana

Coido que, pola viciñanza, todos lembramos as portadas dos xornais estatais e galegos dando novas da vía catalana. Unha semana despois, manifestación en Santiago, a que non se celebrou o 25 de xullo polo desastre de Angrois. Certo que había múltiples diferenzas, de xeito de convocatoria, de formato, por suposto de lugar, … o que deu tamén nunha diferenza de xente que acudiu, e tamén de tratamento nos xornais. Ou isto foi debido tamén a outras causas? Olla e xulga segundo as portadas tomadas onte de http://kiosko.net/ (a definición está buscada para non considerar xa o que di a nova, senón só a súa extensión):
1.Portadas de cinco diarios relevantes a nivel estatal (os que considera en portada a páxina de onde os tomei)

 2.Portada de nove diarios galegos (idem)

3.Portadas con novas sobre a manifestación:

… resulta que nin tódolos galegos poñen a nova en portada.
4.Recortes, xuntados nunha soa portada, da nova en total nos diarios galegos:

… a portada, medio vacía.
5.Recortes, xuntandos nunha soa portada, da nova en total nos diarios a nivel estatal:

conste que entre isto e o anterior, hai unha imaxe … vacía.
As causas pódense pensar. Os feitos, están aí. As corrección para que os feitos cambien, tamén se poden pensar. Séxase ou non nazonalista ou nacionalista.

Escrito por Agremon en Ribadeando, http://ribadeando.blogspot.com, o blog de Ribadeo
About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo