default-logo
By :
Comment : 0

O consello sectorial da muller, hoxe

Ben, non hoxe, senón na última xuntanza, de venres 20131010.
Como noutras ocasións anteriores, tras aprobar a acta pasada e dar conta do finanzamento, pasouse revista ó desenvolvemento de actividades neste ano, numerosas por certo, así como, en xeral, satisfactorias. Iclúen o Photocall pola igualdade en marzo pasado, co lema ‘igualámonos’, e boa acollida na rede, os actos do día internacional das mulleres, coa inauguración de rúas e o folleto acompañante ‘Ribadeo nos camiños da igualdade’, así como as actuacións musicais en cada inauguración e o concerto de Irimia cantareiras.

A inauguración da rúa adicada a Sor Pilar

Na presentación de ‘Rachando inercias’ en Santiago xogouse fóra da casa, con boa acollida. Houbo obradoiros diversos nas parroquias e no pobo, con acollida asemade diversa, e charlas -quizáis as actividades máis minoritarias, e nese sentido, desaproveitadas polas persoas ás que ían dirixidas-. E as andainas: aínda este domingo haberá unha, representando unha nova situación de intercambio de pareceres, afianzamento de amizade ou sinxelamente, deporte nun medio natural.
As actividades de formación, sobre a violencia de xénero, emprendemento e educación infantil, deixaron bo sabor de boca, e en concreto, o curso sobre educación infantil, ganas para abrilo ó colectivo de pais. As correspondentes a participación de pequenos, contacontos e radiando igualdade, significaron non só un divertimento para as e os participantes, senón tamén unha formación para os mesmos, ó tempo que a boa acollida propiciou a petición de repetilas
Máis aló das actividades anteditas, tiveron lugar a avaliación do I plan de igualdade (o segundo está en fase de deseño), e as xuntanzas da mesa interinstitucional de violencia de xénero. Boa parte das actividades tiveron un reflexo no blog ‘Ribadeo muller‘.
Despois pasouse lista ás actividades previstas ata fin de ano, entre as que se atopan xa en desenvolvemento as centradas no ámbito educativo. Nas centradas en termos cidadáns máis amplos, destacan a campaña de promoción do deporte feminino, con actuacións a varios niveis e a desenvolver en tres fases, ou a proxección da película ‘a cicatriz branca’, á que non lle viría mal un coloquio sobre a feminización da pobreza.
Outras actividades previstas son a continuación dos bonos-axuda en ludoteca, a elaboración do II Plan de igualdade, a celebración do 25N (día internacional da violencia contra as mulleres), os domingos a pé (iste …) e eventualmente unha proposta de tertulia ou café literario.
De cara ó futuro, pídese colaboración e ideas (xa hai algunhas: desenvolver a escola de pais, bricolaje, … )
Abondo. E o aproveitamento social? Intentarase.

About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo