default-logo
By :
Comment : 1

Un premio para o ascensor

Ribadeo ‘espertou’ o pasado día 7 de outubro coa concesión dun premio ‘ó ascensor’. Con esa idea foi recollido nas novas e polo alcalde, segundo elas. Así foi recollido cun certo retraso.
Collo a parte da nominación do Ri.U.So que atinxe ó ascensor: “gli spagnoli Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso hanno vinto nella sezione “Architetti e Ingegneri” (premio 4mila euro) per la realizzazione di una torretta che andrà a caratterizzare il porto turistico di Ribadeo, in Galizia, ricucendo il percorso che congiunge il litorale al centro storico.” . É dicir: os españois Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso venceron na sección ‘Arquitectos e enxeñeiros’ (premio de catro mil euros) pola realización dunha torreta que chegará a caracterizar o porto turístico de Ribadeo, na Galiza, reducindo o recorrido que une o litoral e o centro histórico.
Hoxe facía vento na Atalaia. Non eran acolledores os bancos. No prado hai 3. Dous xuntos, fronte ó ascensor, nos que, se un está sentado, recolle ista vista:

Mentras, o outro, que cadra xusto fronte ó único espazo sen copas das árbores enfronte da saída da ría, ofrece ista:

E a vista de Castropol, embaixo, queda sen bancos, nin nese nivel nin na baixada dende a capela ó ascensor:

Se se baixa alí, pódese observar un evidente descuido no seu mantemento, como houbo quen me comentou hoxe mesmo. E outras vistas, menos efectivas por ser de curta duración a traverso de vidros non tan transparentes a estas alturas.
O premio foi para os arquitectos, non para Ribadeo (entrou na categoría de arquitectos, non de administracións públicas). Por certo, un comentario do alcalde: ‘mantenerlo, dice, no supone problema para el Concello, porque el gasto es asumible‘.
Así pois, o premio Ri.u.so pode estar ben dado conforme ás bases: é certo que foi unha rexeración (non o ascensor, senón o resto da obra), é certo que é nunha urbe, é certo que é mantible segundo o alcalde. Tamén é certo que o premio non é para a súa beleza e encadre na paisaxe dende a atalaia, ou pola súa posibilidade de embelecer o entorno, por poñer dous exemplos. Coido tamén que o xurado non paseou pola zona, tomando máis ben as desisións sobre papel.
Ben, e, de xeito independente, dicir que o acordoamento dunha zona da atalaia leva xa moito tempo, sen amañar o motivo dela. O dito: as cousas, a parte de logralas, hai que mantelas.
— No blog hai abondas entradas sobre o ascensor. Por exemplo: http://ribadeando.blogspot.com.es/2007/05/pagus-ascensor-na-atalaia-de-ribadeo.html (presentación da obra, antes de facela)
A inauguración: http://ribadeando.blogspot.com/2010/07/desoberto-o-pastel-do-ascensor.html
Sobre o desenvolvemento das obras: http://ribadeando.blogspot.com/2009/10/o-ascensor-da-atalaia-onte.html
Comezo efectivo do uso: http://ribadeando.blogspot.com/2010/08/50-s-ou-ascensor-habemus.html
Artigo externo (J.E.Amor): http://ribadeando.blogspot.com/2009/07/xa-algo-vello-pero-de-actualidade.html
O ascensor, tiroteado: http://ribadeando.blogspot.com/2010/03/o-ascensor-da-atalaia-primeiro.html
Subindo no ascensor: http://ribadeando.blogspot.com/2010/03/o-ascensor-da-atalaia-primeiro.html
21 m de desnivel (non 35 que din): http://ribadeando.blogspot.com/2010/07/47-m.html
Sobre o mantemento: http://ribadeando.blogspot.com/2011/09/20110919-pleno-i.html
En fin, hai máis …

Publicado por Agremon

About the Author
  1. admin Reply

    Copio comentario de “Yo escribo” de Blogger…

    Un premio para uno de los mayores despilfarros en los últimos años. ¿Para qué sirve ese ascensor?

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo