default-logo
By :
Comment : 0

Temo o estado. Onde está o poder?

A frase cólloa dun artigo de onte en ‘Público‘, ¡Basta ya!, no que se trata da estratexia que nos fai apretar o cinto logrando que non nos queixemos demasiado, e sobre todo, que nos deixemos facelo.
A conta do tema, hai moito tempo que teño comezado un artigo, ‘Quen manda en Ribadeo?’ (o último título, que xa non sairá, era ‘A democracia e Ribadeo. Quen controla Ribadeo?’), que teño parado tamén dende hai moito pola falta de ideas para expoñer claramente o tema: coido que vai máis aló dos argumentos presentados nos varios artigos que José Mª ten adicado á débeda municipal, que farían da débeda un efectivo argumento limitador de opcións de gastos.
No artigo previsto, circunstancialmente, figuraba un final tamén tomado prestado: “Si tienes dinero, controlas la política”… Y el Poder“, e unha serie de temas con conexión evidente pero que non din articulado de xeito que me convenza e que deixo a continuación amontoados:
Se collemos a definición descritiva de democracia que se lle atribúe a Winston Churchill, “a democracia é que cando chaman de madrugada saibas que é o leiteiro”, e a aplicamos a Ribadeo, estariamos en democracia? Coido que non, polo menos nalgunhas zonas.
Hoxe dicimos que estamos en democracia, pero as como mínimo aparentes contradiccións entre intereses do pobo e outros intereses, e o resultado dese confrontación, fai que se poda dubidar.
Cambio de vida por cousas, de xeito de vivir por cartos nalgúns petos, de desenvolvemento ‘agora’ sen futuro, de máis val paxaro en man (na propia) que cento voando (no desfrute de todos, pero en pertenza de ninguén)
… subvencións ganancia bancos … e pub
subvencións viaxes noite, medida a súa eficacia en termos de xente transportada, non de vidas salvadas…

About the Author

Leave a Reply

*

captcha *

happy wheels demo